Nota de Prensa
O PP burelés pide que o derrube de O Perdouro se arranxe en dous meses.
Barcia afirma que o proxecto de obra foi feito pola Deputación en marzo.
Os populares consideran o retraso “unha tomadura de pelo do alcalde e de Besteiro”.
O Grupo Municipal do Partido Popular (GMPP) de Burela presentou hoxe, xoves, unha moción para o seu debate no próximo pleno que celebre a corporación municipal, pedindo que o Concello de Burela teña rematadas en dous meses as obras de reparación do derrube da travesía municipal á altura de O Perdouro.
Para o portavoz municipal, José María González Barcia, “resulta bochornoso para o conxunto dos cidadáns bureleses que esta reparación non se teña feito desde finais de xaneiro, cando se produciron as choivas, importantes, que provocaron tal situación; sobre de todo tendo en conta o lugar onde se producen: nunha intersección que desvía para a zona escolar máis importante de Burela e para o Hospital”.
“Un retraso de nove meses, segundo Barcia, inadmisible, ainda que entra dentro dos prazos dos retrasos ós que nos tén acostumados o alcalde”. Pero González Barcia engade algo máis: “unha vez máis, se está enganando ós cidadáns: hai aproximadamente un mes, veu a Burela o presidente da Deputación, Gómez Besteiro, que xunto co alcalde se sacaron unha foto na zona do derrube, para anunciar que en setembro a obra estaría lista. Tendo dúbidas de que a obra se de feito en setembro, porque non se fixo nada, ainda hai máis dúbidas de que así sexa porque o proxecto da obra xa está feito, pero xa está feito desde marzo do presente ano e feito pola Deputación, no que consta literalmente, na memoria correspondente, que ‘la financiación del presupuesto anterior será asumida íntegramente por la Excma. Diputación Provincial’. Polo tanto, o alcalde, estivo tomándonos o pelo durante seis meses, farsa á que despois se sumou Besteiro; porque o presuposto da obra, 53.114’12€ de execución material, e 73.318’73€ de presuposto de contrata, permiten facer a obra a través dun simple contrato administrativo entre a administración contratante e a empresa que realice a obra. A non ser que o alcalde non pinte nada no seu partido e lle estiveran dando largas para non facer a obra”.
O GMPP solicita que se faiga a obra canto antes, e lembra que o alcalde leva decindo desde hai seis meses que a obra sería realizada pola Deputación. O que demostra o retraso na realización da obra é a escasa ou nula capacidade de traballo que teñen tanto o alcalde coma o presidente da Deputación, xa que para o único que teñen tempo é para sacarse fotos. O resto do seu tempo é tempo perdido pero que pagamos entre todos os cidadáns do concello e da província.