Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP da Mariña presente na celebración da romaría popular de Silleda

Nota de Prensa

O PP da Mariña presente na celebración da Romería Popular de Silleda

O PP da Mariña presente na celebración da Romería Popular de Silleda un gran acto municipalista no que se espera contar con 12.000 persoas procedentes de todas as vilas galegas

Xa o pasado ano, polas mesmas datas, o PPdeG estreou curso político cunha gran festa para celebrar a victoria histórica nas eleccións autonómicas e homenaxear aos heroes do cambio, que colaboraron para que o bipartito non chegara a rematar sequera a súa primeira lexislatura. Nesta ocasión,  os homenaxeados van ser os heróes que serán, en alusión ás vindeiras eleccións municipais.

O do sábado será un potente acto no que mobilizarán a boa parte da infantería do PPdeG, en total, preto de 12.000 persoas, entre militantes e simpatizantes. Será, por tanto, unha romaría mitin na que os populares amosarán a solidez das súas bases, a motivación dos seus militantes, simpatizantes e afiliados, e as ganas coas que agardan xa a chegada do 22 de maio de 2011.

O obxetivo do PPdeG para as eleccións municipais será estender aos 315 concellos a forma de facer política que desenvolve na Xunta e no que terán que estrear a segunda fase do cambio, a do cambio nas cidades e en dúas das deputacións.

ACTO MUNICIPALISTA

No que atinxe ao acto en si mesmo, contará con elementos visuais e de posta en escea distintos aos do pasado ano e aos de calquera outro mitin que organizasen ata a data.

Así mesmo, o deste ano terá un gran compoñente municipalista no que Feijóo compartirá esceario con boa parte dos cabeza de cartel populares, que o rodearán en semicírculo mentres interven. Será, por tanto, unha clara metáfora: os populares presentan a 315 feijóos, fronte aos que presentan a 315 zapateros.

LEMAS

O lema da campaña das autonómicas do ano pasado era ‘Empezamos’, o deste ano será ‘Seguimos’, posto que xa se fixeron cousas e quedan máis por facer. Por iso, tratarán de amosar dinamismo e continuidade no traballo asociado á figura de Feijóo, que é quen pechará o acto, e farán partícipes tamén desa nova forma de facer política aos que o rodearán no escenario, os candidatos.

Así mesmo, haberá outro lema que acompañará ao mapa de Galicia, que será ‘315 ilusións’, que son as que representan as 315 agrupacións locais do PPdeG e os 315 candidatos que presentamos a estas eleccións. 315 realidades, 315 propostas electorais reunidas en torno a 315 candidatos, e un único proxecto: o do Partido Popular de Galicia.

Exit mobile version