Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP critica os parlamentarios do BNG por acudir á folga xeral e non ir ao Parlamento

Nota de prensa:
Os deputados nacionalistas, ausentes no día de onte na sesión plenaria do Parlamento de Galicia, nin tan sequera votaron a iniciativa que eles mesmos rexistraron sobre o ERE da empresa cerámica

BALSEIRO AFIRMA QUE O BNG DEBERA PEDIR PERDÓN AOS TRABALLADORES DE SARGADELOS

· O deputado popular afirma que o BNG perdeu toda a lexitimidade para falar deste asunto e deu mostras da “nula interese” que os nacionalistas teñen polos empregados deste empresa cervense.

Cervo, 30 de setembro de 2010.- O tenente de alcalde cervense e deputado autonómico, Jose Manuel Basleiro Orol, emprazou ao BNG a “pedir perdón” aos traballadores de Sargadelos despois do desplante protagonizado polos deputados nacionalistas no Parlamento de Galicia, que nin tan sequera acudiron a votar a iniciativa que eles mesmos rexistraron en relación co expediente de regulación de emprego no que está incurso esta empresa.

Jose Manuel Balseiro explicou que non foi posible transaccionar un acordo conxunto cos nacionalistas, aínda que puidera ser este o seu desexo, porque os deputados do BNG decidiron non cumprir coas súas obrigas como cargos públicos electos. “Preferiron non traballar, en vez de asumir as responsabilidades para as que foron elixidos, e estar presentes na Cámara”. A súa ausencia voluntaria na sesión do Pleno celebrado no día de onte implicou que a emenda do Grupo Popular á iniciativa do BNG decaera e, polo tanto, que fóra imposible chegar a un acordo en apoio de Sargadelos e do seu persoal.

Finalmente pediu ao voceiro local do BNG que, á luz do explicado, “se informe antes de falar, pois non sabe o que estaba dicindo” e sinalou que Xoan Antón Estúa “malamente controla a súa labor como concelleiro da oposición, para encima pretender facelo do Parlamento”. O devandito comportamento dos nacionalistas fai que perderan toda a lexitimidade para falar deste asunto e da boa mostra da “nula interese” que no BNG teñen polos empregados desta empresa cervense que está a pasar por dificultades.

Exit mobile version