Nota de prensa:
O GMPP asegura que o alcalde é incapaz de elaborar proxectos para Burela.
Os populares din que o consello escolar municipal “non se reuniu nunca” e que o alcalde non quere que a Deputación solucione o derrube do Perdouro.
Consideran que o bipartito burelés está “acabado e agotado”.
O Grupo Municipal do Partido Popular (GMPP) de Burela afirmou que o pleno celebrado no día de hoxe demostrou unha vez máis que o alcalde é absolutamente incapaz de elaborar proxectos para Burela, porque a oito meses das eleccións municipais, ainda lle estamos a dar voltas a constitución do consello escolar que eles aprobaron en marzo do ano pasado hai ano e medio, para substituir ó que estaba funcionando co PP, e ainda lle estamos a dar voltas ó regulamento de uso das instalacións deportivas.
Os populares entenden que esta é a demostración palpable da inoperancia do bipartito e especialmente do alcalde, que é quen tén a obriga de dinamizar a vida do concello e propoñer proxectos de futuro. Levamos tres anos mui largos de mandato municipal, quedan oito meses para as eleccións, e nada do que o alcalde di que vai facer se fai. Como mostra, decir que o consello escolar municipal que eles refundaron hai ano e médio non se reuniu nunca, o que demostra que o traballo non é o forte dos membros do bigoberno.
No que se refire á declaración de espacio natural de especial interese local plantexada polo alcalde, é a única idea que se salva do pleno celebrado hoxe, que nós apoiamos, ainda que queremos recordarlle que quen comenzou a potenciar e potencio realmene esta zona foi o goberno municipal do PP. Pero creemos que a idea está mal enfocada, por que o alcalde está empeñado en que sexa o Goberno Central quen inicie os trámites, cando resulta que as competencias son da Xunta de Galicia.
En canto ó Plano de Ordenación do Litoral (POL), é absolutamente lamentable que o concello non organizase ningunha reunión para explicar a aplicación do POL. Só o PP organizou un acto totalmente aberto e con información de primeira man, para que os cidadáns tiveran acceso directo ó documento. Ademais, o alcalde de Burela só mantivo unha reunión coa Xunta sobre o POL, co que demostra, unha vez máis, que o seu non é a defensa dos intereses de Burela, senón a defensa dos seus intereses, que se resumen en cobrar a fin de mes dos cartos de todos os veciños de Burela. Ademais, resulta sorprendente que quenes antes defendían a prohibición de ocupar terreo a cincocentos metros da liña de costa, agora queiran facer xustamente o contrario, cando a Xunta o único que está a facer, e eso é o realmente importante, é protexer e ó mesmo tempo darlles ós concellos instrumentos para levar a cabo a conxunción entre uso e protección. O PP presentou no seu momento as súas alegacións e votou a favor das que presenta o concello.
Todo esto fainos pensar que o bipartito burelés está acabado e agotado, porque non hai programa nin proxecto, están xa cansados, e só os move cobrar a fin de mes. O alcalde do PSOE abandona o seu posto de traballo o día da folga e vaise para Lugo, xustificando a viaxe cunha visita á Deputación que non sirveu para nada, e a alcaldesa do BNG vai á folga (esquecéndose de que non é traballadora municipal, senon que cobra por cargo electo) e non aparece polo concello, cando resulta que o alcalde tampouco está. Esta é unha demostración máis da desfeita do bipartito: ningún cargo político estivo durante a mañán no concello burelés no día da folga. Hai nervios, non hai ideas, e hai perxuicios claros para os cidadáns de Burela que vemos que o alcalde e o bipartito son incapaces de xenerar proxectos e ilusión.
NO que se refire ás mocións presentadas polo PP, resulta sorprendente que o alcalde e os membros do bipartito non queiran que se axilice o arreglo do derrube do Perdouro por parte da Deputación, e que tampouco queiran que a Deputación axilice o remate das obras da Casilla á Marosa, xa que se opuxeron ás nosas mocións, alegando que xa hai compromisos. Pois be, desde o PP temos que decir que non hai nin documento de compromiso por parte da Deputación nin para unha obra nin para a outra, o que quere decir que o alcalde pesa mui pouco dentro do seu partido, e que por non molestar a Besteiro é capaz de votar em contra de finalizar obras que perxudican claramente os intereses do concello e dos veciños.