NOTA DE PRENSA
Balseiro sorprendido porque o alcalde de Foz non se ten decatado de que Fomento ten paralizada a autovía do Cantábrico
Balseiro amosa a súa sorpresa porque o alcalde de Foz sexa o único que aínda non se ten decatado de que Fomento xa ten paralizada a autovía do Cantábrico
? A maquinaria e persoal que traballaba na construción desta vía abandonaron as obras despois de que o departamento ministerial que preside o lucense Jose Blanco non fixera fronte aos pagos
A Mariña, 11 de setembro de 2010.- O deputado popular Jose Manuel Balseiro amosou a súa sorpresa porque o alcalde de Foz sexa o único que aínda non se ten decatado de que Fomento xa paralizou a construción da autovía do Cantábrico e lamentou que alguén que vive nun municipio tan próximo ao lugar onde están paradas as obras ?non sexa consciente disto e decida pechar os ollos á realidade?.
A maquinaria e o persoal que traballaba na construción dunha vía abandonaron o lugar dos traballos despois de que, segundo trascendeu publicamente, o departamento ministerial que preside o lucense Jose Blanco non fixera fronte aos pagos ás empresas. A devandita decisión, pese a causar un grande malestar nos veciños da Mariña lucense, ?que ven unha vez máis ven como se afasta o prazo de finalización da autovía?, foi recibida co ?silencio cómplice dos cargos socialistas da comarca, que practican o si gwuana ante todos os recortes que practica o Goberno de Zapatero?.
Nin Jose Manuel Balseiro, nin ningún dos membros do Partido Popular da Mariña renuncian a seguir esixindo o reinicio inmediato das obras na autovía do Cantábrico, ?por coherencia e compromiso con esta comarca? e lamentan que os socialistas non estean a facer o mesmo. Ademais o deputado popular recorda ao alcalde que o único acto propagandístico que se está a producir aquí e o que protagoniza Fomento que fai unhas semanas aseguraba que ?indulta a autovía do Cantábrico dos recortes? e días despois deste anuncio, ?todos poden ver como as obras seguen paradas, non hai maquinaria, e o persoal que alí traballaba agarda nas súas casas o reinicio das obras?.