Nota de prensa:
Cinco parques comarcais de bombeiros entrarán en servizo na provincia de Lugo no primeiro semestre do viendeiro ano
* Trátase dos de Viveiro, Chantada, Vilalba, Barreiros e Sarria, segundo lle confirmou a Consellería de Presidencia ó depuntado José Manuel Balseiro en resposta a unha pregunta na que se interesaba polas previsións da Xunta a este respecto
Lugo, a 21 de setembro de 2010.- A Xunta de Galicia ten previsto que os parques de bombeiros da provincia de Lugo entren en funcionamento no primeiro semestre do vindeiro ano. Así llo asegurou a Consellería de Prensidencia ó deputado lucense José Manuel Balseiro dando resposta á unha pregunta na que se interesaba por esta cuestión.
Presidencia indica que a Xunta participa, xunto coa Deputación de Lugo, no consorcio contraincedios e de salvamento da provincia de Lugo, que será o que se encargue de xestionar a apertura e funcionamento dos distintos parques de bombeiros que, ademais do de Lugo capital, se poñan en funcionamento no ámbito provincial e que inicialmente serán os de Viveiro, Chantada, Vilalba, Barreiros e Sarria.
Explica tamén que a posta en marcha dun servizo destas características require, ademais da construcción do propio parque de bombeiros, a dotación de vehículos especializados e de material de intervención en emerxencias.
Neste intre, segundo puntualizan dende a consellería, estanse a rematar as obras de construcción das sedes dos diferentes parques e a contratar os últimos equipamentos, todo co fin último de dotar á provincia de Lugo das instalacións e dos medios de intervención precisos para asegurar a presentación dun servicio provincial de bombeiros axil e eficiente.
Balseiro salienta que coa entrada en funcionamento destes cinco parques comarcais de bombeiros dase resposta a unha importante demanda social e dotase dun servizo fundamental a Lugo, a única provincia galega que carecía del.