Site icon Crónica3.com A Mariña

O Mósteles será o prato forte para o arranque ligueiro das burelás

Nota de prensa:
MÓSTOLES, PRATO FORTE PARA O ARRANQUE LIGUEIRO DAS BURELÁS

As burelás non terán un arranque de tempada nada doado, co desprazamento á pista do vixente campión da Copa e Supercopa, o Móstoles FSF, na primeira xornada de 2010-11. O pavillón madrileño de Villafontana acollerá o encontro o sábado a partir das 18.30 horas.

Inmerso aínda na celebración do recente título da XX Copa Galicia, o Burela FSF Pescados Rubén iniciará pletórico a competición sendo fiel ao cadro que en 2009-10 se converteu no equipo revelación de Honra, na súa primeira tempada na categoría; a baixa de Raquel de Souza e o regreso de Alba López (Viaxes Amarelle FSF, de Prata) foron os únicos movementos no vestiario laranxa.

En fronte posicionarase o todopoderoso Móstoles. Cun último exercicio de vertixe, con Copa e Supercopa, ademais do terceiro posto do podio na liga 2009-10, as madrileñas postúlanse como un dos favoritos na nova campaña. O conxunto mostoleño presentará nada máis e nada menos que sete incorporacións; xunto ás internacionais Ju Delgado e Sonia Bernal, procedentes do Femesala Elche, tamén se estrearán Rocío Sevilla (Pinto) e Eva Manguán, Ione Sánchez, Patri Chamorro e Belén de Uña (Atlético de Madrid Navalcarnero).

Xornada 1. Os outros encontros para a primeira cita da tempada 2010-11 serán Diamante Rioja-Natudelia.com Zaragoza, Ponte Ourense-Valladolid, UCAM Murcia-Queralt Gironella, Cajasur Córdoba-Lacturale Orvina, Atlético de Madrid Navalcarnero-Cidade das Burgas, CD Campillos-Ciudad de Alcorcón e VP Soto del Real-Femesala Elche.

Exit mobile version