Site icon Crónica3.com A Mariña

O grupo de teatro O Batán de Cangas de Foz representa “A Caída do Imperio” en O Valadouro

O sábado, 25 de Setembro ás 21:00 no salón de actos da Casa da Cultura de Ferreira de O Valadouro, o grupo de teatro afeccionado de Cangas de Foz e de recente creación “O Batán” e que actúan baixo a batuta de dous grandes mestres do teatro como son Paco Piñeiro e Mari Paz, van a representar dentro do programa de teatro da Deputación Provincial de Lugo a obra “A Caída do Imperio”. Unha obra escrita e dirixida por Francisco Piñeiro. A entrada, como de costume, de balde no salón  de actos da Casa da Cultura de Ferreira de O Valadouro o vindeiro sábado 25 de Setembro ás 21:00 horas.

Exit mobile version