NOTA DE PRENSA
Basta con demostrar unha simple “previsión de perdas ou diminución persistente de ingresos” para que se poda despedir a un traballador
O GRUPO DE GOBERNO DE CERVO ALERTA QUE A REFORMA LABORAL PROMOVIDA POLOS SOCIALISTAS “É LETAL” PARA OS INTERESES DOS TRABALLADORES DE EMPRESAS EN CRISE COMO SARGADELOS
*
O grupo municipal do PP espera que o acordo unánime da Corporación rexeitando o ERE sirva para que a empresa reconsidere os despedimentos e lembra que a aprobación definitiva do mesmo é un procedemento regrado baseado nunha decisión técnica e non política.
Os populares esperan que o acordo unánime da Corporación municipal aprobado no día de onte e polo que se rexeita o Expediente de Regulación de Emprego (ERE) sirva para deixar claro a oposición do Concello de Cervo ante os despedimentos. De calquera xeito lembra que a aprobación definitiva do mesmo é un procedemento regrado por un Real Decreto do Goberno central, e basease nunha decisión técnica e non política. De feito o Ministerio de Traballo a través da inspección laboral debe informar a procedencia ou non do ERE antes de que a Xunta adopte ningún tipo de decisión.
Os membros do grupo municipal de Goberno insisten tamén en que a empresa debe solicitar todo tipo de axudas para garantir a súa viabilidade tanto diante dos organismos de apoio que dispón o Goberno galego (IGAPE) como o Goberno central (ICO). Malia todo lamentan que a decisión final dependa dos bancos, moi reacios a outorgar liñas de crédito, consecuencia da desconfianza e da feble situación financeira das entidades bancarias despois dunha mala e tardía xestión da crise por parte do Goberno central.
Finalmente, insisten en que si finalmente non é posible evitar os despedimentos, os traballadores poidan acollerse ás liñas de axuda establecidas na lexislación vixente. Precisamente esta cuestión foi introducida polo PP a través dunha emenda ao punto do acordo debatido no pleno. Os membros do equipo de Goberno insisten en que si existe vontade política o Goberno central -organismo competente en materia de Seguridade Social- ten na súa man habilitar liñas de axuda para os traballadores afectados polo ERE maiores de 55 anos.