Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de Ribadeo pide colaboración aos veciños na recollida do lixo

Nota de prensa:

HORACIO CUPEIRO PIDE COLABORACIÓN AOS VECIÑOS PARA QUE NON SAQUEN O LIXO NA MADRUGADA DO VINDEIRO MÉRCORES, XORNADA DE FOLGA XERAL NA QUE O SERVIZO DE RECOLLIDA SE PODERÍA VER AFECTADO POR ESA CONVOCATORIA.

Ribadeo, 27 de setembro de 2010. O concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, pide colaboración aos veciños para que non saquen o lixo na noite do 28 ao 29 de setembro, xornada na que hai prevista unha folga xeral e na que o servizo de recollida se podería ver afectado por esa convocatoria.

Cupeiro dixo que “diante da posibilidade de que os traballadores do Concello poidan facer uso do artigo 28 da Constitución que fai referencia ao dereiro de folga, prégolles aos veciños que se absteñan de sacar o lixo na noite do 28 ao 29 de setembro. Así si os traballadores fan uso dese dereito evitaremos que o lixo estea cheirando nas rúas. Agradézolles a súa colaboración”.

Exit mobile version