Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de Cervo interesase polas deficiencias do sinal da TDT

Nota de Prensa

O CONCELLO INTERESASE DIANTE DAS DISTRIBUIDORAS DO SINAL DA TDT POLAS DEFICIENCIAS DE RECEPCIÓN SUFRIDAS ESTES DÍAS EN RÚA E SAN ROMAN

* Os problemas de recepción débense aos cambios técnicos que están a facer as operadoras de telecomunicacións nos dispositivos electrónicos que fan chegar o sinal ata o repetidor do Concello

Cervo, 16 setembro de 2010.- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, dixo hoxe que o Concello se puxera en contacto cos responsables das operadoras de telecomunicacións que subministran o sinal da TDT para coñecer os motivos polos cales os veciños dos núcleos de Rúa e San Román estar a ter dificultades para visionar as canles de televisión nos últimos días.

“Nestes últimos días tivemos queixas de varios veciños destes dous núcleos pola dificultade para recibir o sinal da TDT e o primeiro que fixemos foi comprobar si as instalacións municipais que temos situadas nos montes de San Román coas antenas emisoras para esta zona tiñan algún dano, pero todo estaba correcto; así que nos diriximos tanto a Abertis Telecom como a Retegal para coñecer os motivos destes problemas” indicou o rexedor.

Segundo indicou o alcalde, estas dúas operadoras de telecomunicacións coincidiron en indicar que os problemas na recepción do sinal da TDT en Rúa e San Román son motivados por una serie de cambios técnicos que están a facer nos dispositivos electrónicos de telecomunicacións que fai chegar o sinal ata o repetidor do Concello e que unha vez rematen estes cambios o sinal volverá a recibirse en óptimas condicións.

“Polo tanto, queremos comunicarlle aos nosos veciños que as deficiencias do sinal da TDT destes días se deben a problemas totalmente alleos ao Concello de Cervo e esperemos que estean finalmente solucionados nun breve espazo de tempo” sinalou o alcalde.

Exit mobile version