Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de Burela e a asociación Os Centolos de A Mariña organizan a “III Sardiñada Popular”

Nota de Prensa

BURELA ACOLLERÁ  O VINDEIRO SÁBADO A III SARDIÑA POPULAR QUE ORGANIZA O CONCELLO EN COLABORACIÓN COA ASOCIACIÓN OS CENTOLOS DE A MARIÑA. NO ENVENTO VANSE REPARTIR DE XEITO GRATUITO 500 KILOS DE SARDIÑAS E 150 DE PAN.

Burela, 1 de setembro de 2010. Burela acollerá o vindeiro sábado 4 de setembro a III Sardiñada Popular. Neste evento, organizado polo Concello, a través da Delegación do Mar, e en colaboración coa asociación Os Centolos de A Mariña, repartiranse gratuitamente  sardiñas e  pan.

O alcalde de Burela, Alfredo Llano, a concelleira do Mar, Remedios López, o edil de Obras, Pascual Doménech, e o presidente de Os Centolos, Manuel Vidal, presentaron no Concello o evento. López Villar explicou que “dende a Concellería de Mar de Burela organízase para o sábado 4 de setembro a III Sardiñada Popular que terá lugar a partires das19.30 horas da tarde no peirao. Unha cita que está sendo xa un clásico co que contan os veciños para rematar o verán”

A edil socialista engadiu que “a Asociación Os Centolos de A Mariña colaborará nos traballos de asado e distribución. Temos previsto repartir 500 kilos de sardiña e 150 kilos de pan gratuitamente a todo o público en xeral”. Remedios López convida “a toda a xente de Burela que se anime a baixar ao porto a degustar un día máis un produto típico como é neste caso a sardiña”.

A Delegación de Obras, que dirixe Pascual Doménech, presta a loxística de mesas e cadeiras e o persoal para a súa montaxe.

Exit mobile version