Nota de prensa:
O CONCELLO ABONA OS 99.000 EUROS APORTADOS PARA AS OBRAS DO CAMPO DE FÚTBOL DE HERBA ARTIFICIAL DE A MAROSA. LLANO PÍDELLE Á XUNTA QUE ENTREGUE CANTO ANTES ESAS INSTALACIÓNS PARA COMEZAR A UTILIZALAS.
Burela, 27 de setembro de 2010. O Concello abona estes días os 99.000 euros aportados para as obras do campo de fútbol de herba artificial de A Marosa. O alcalde, Alfredo Llano, pídelle á Xunta que entregue canto antes esas instalacións para comezar a utilizalas.
O rexedor explicou este mediodía que “xa demos orde de pagar a parte que nos corresponde tras as obras do campo de fútbol de herba artificial, tiñamos un compromiso de cotizar 99.000 euros, nove mil no primeiro ano e o resto no segundo e faránse efectivos hoxe ou mañá para que desde a Xunta se preocupen de realizar os trámites necesarios para que o campo se poida utilizar, como é a nosa pretensión, o antes posible”.
Llano considera que “debe poñerse en funcionamento dada a demanda existente para empregar estas instalacións, os rapaces de categorías menores están entrenando no outro campo que está moi saturado. Todos estamos xa desexando utilizar o campo de herba artificial”. E lembra que “o Concello, ademáis de aportar eses 99.000 euros, tamén fixo obras complementarias como a colocación de corriente trifásica para mover a bomba de vintecinco cabalos, dotamos de canalización e auga o depósito de 20.000 litros que ten ese campo e arranxamos a rampa de baixada para que non se estropee o firme das instalacións”.
O alcalde de Burela asegurou que “o campo gusta, vai ser ben aproveitado e dalle unha categoría deportiva ao noso concello. Queremos que se poida utilizar o antes posible, con estas aportacións que facemos consideramos que a entrega das instalacións debe ser inmediata”.
As obras do campo de fútbol de herba artificial foron costeadas pola Xunta de Galicia e polo Concello de Burela.