Nota de prensa:
COMUNICADO DO COMITÉ DE EMPRESA
de……HOSPITAL DA COSTA ………………ANTE A FOLGA DO 29 DE SETEMBRO
A Reforma laboral aprobada recentemente no Parlamento do Estado, crea una precariedade absoluta que afectará sen distinción aos traballadores e traballadoras fixos e eventuais.
A Reforma laboral provoca a indefensión ante o despedimento, de tal xeito que a figura de “despido preventivo” por causas obxectivas aparece por primeira vez na Lexislación Laboral, polo que a Empresa poderá alegar previsión de perdas para proceder ao despedimento individual ou colectivo con 20 días de indemnización por ano. Tamén inclúe para o despido, a diminución de ingresos como causa obxectiva, con independencia de que a Empresa contabilice beneficios no mesmo exercicio. As causas obxectivas por razón técnicas, económicas e de produción, tamén se flexibilizan, polo que a implantación de novos elementos técnicos ou o reemplazo de máquinas permite o despedimento.
Tamén se facilita o despido procedente por baixas de enfermidade ou accidente non laboral menores de 20 días.
A implantación das ETTs a todos os Sectores provocara a substitución de traballadores e traballadoras contratados directamente pola Empresa. Os Convenios Colectivos non poderán prohibir nen limitar a actuación das ETTs. As Empresas terán mais facilidades para non aplicar temporalmente o Convenio, no que respecta a salarios, xornada laboral e mobilidade funcional ( mobilidade do posto de traballo).
A maiores o Goberno xa ten en carteira a reforma das Pensións, do Desemprego e dos Convenios, no que o Partido Popular reclama que se prohíban as Folgas durante a negociación do Convenio.
Todas estas Reformas pretenden deixarnos sen dereitos, para en definitiva provocar una maior sobre explotación da Clase Traballadora, que traballemos maís e cobremos menos. Transferir mais salarios dos traballadores e Traballadoras para as rendas do capital. Os ricos serán mais ricos e a Clase Traballadora mais pobre.
Non podemos ter dúbidas, a Folga do 29 é una resposta mínima a esta agresión sen precedentes. Temos forza e a demostraremos. Poñamos as Reformas laborais en cuarentena.
TODOS E TODAS A FOLGA O 29
Comité de Empresa