Nota de prensa:
O COLECTIVO CHILINDRÍN DE CELEIRO ORGANIZA PARA O VINDEIRO SÁBADO DÍA 25 DE SETEMBRO A PARTIR DAS 20 HORAS NO CENTRO SOCIOCULTURAL DA CASA DO FORNO DE CELEIRO A “I SARDIÑADA E BAILE FIN DO VERÁN”.
A SARDIÑADA REALIZARASE NO XARDÍN EXTERIOR DO CENTRO. HABERÁ SARDIÑAS, CACHELOS, PAN E VIÑO ADEMAIS DE EMPANADA PARA AQUELES QUE NON QUEIRAN SARDIÑAS. HABERÁ MÚSICA PARA AMENIZAR.
A PARTIR DAS 22.30 HORAS COMEZARÁ O BAILE COA ACTUACIÓN DO DÚO CHECHU E SALVA E O DJ KANU.
O PREZO DA ENTRADA+SARDIÑADA SERÁ DE 5€, PARA A XENTE QUE SO DESEXA PARTICIPAR NO BAILE O PREZO SERÁ DE 2€.
ORGANIZA:
A.X.C. COLECTIVO CHILINDRÍN
CELEIRO
COLABORAN:
CONCELLO DE VIVEIRO
PESCADOS SALGUEIRO S.L.
PANADERÍA JISPAN
PANADERÍA CASANOVA
HIPERMERCADO HALEY
MADERAS CELEIRO S.L.
ADEGA O LAGAR