Nota de Prensa
Co 1ª Aberto da Ra da Lagoa, que se celebrou na Feira do Monte-Cospeito o fin de semana pasado, chegamos finalmente o tan desexado comezo dunha nova tempada regular da Liga Nacional de Billarda (LNB). Os equipos que compiten na conferencisa NorLeste, veñen de se reforzar ca incorporación de novos palanadores/as, co gallo de desvancar a “Os Outros” (actuais campións galegos) e aos “Billardeiros Musicais” (campións da conferencia Norleste) dos seus postos de privilexio.
Ainda que a inscripción sigue aberta, pasan xa de medio cento os palanadores que conforman os equipos da conferencia mater. A loita dará comezo o sábado 18 de setembro as 16,00 h. no parque Rosalía de Castro de Burela no que será o “II Aberto do bonito” e perante nove xornadas irá percorrendo distintos lugares da mariña, facilitando así a incorporación de novos equipos e xogadores. Iste é o calendario previsto:
– 18 de setembro: 1ª Xornada LNB: II Aberto do bonito. Burela
– 17 de outubro: 2ª Xornada LNB :IIAberto da Faba. Lourenza
– 14 de novembro: 3ª Xornada LNB: II Aberto do Chicharo lañado. Foz
– 19 de decembro: 4ª Xornada LNB: Torneo do Galo. Ribadeo
– 15 de xaneiro: 5ª Xornada LNB: I Aberto do ….Pacios-Castro de Rey
– 29 de xaneiro: 6ª Xornada LNB: II Torneo do Lacón en Meira
– 20 de marzo: 7ª Xornada LNB: II Aberto da Tarta. Mondoñedo
– 16 de abril: 8º Xornada LNB Torneo Cidade de Lugo
– 15 de maio: 9ª Xornada LNB: II Aberto do “coello de Suso”. Remourelle-
– 29 de maio: Finais en Conxo
Completaremos o calendario con distintos torneos xa consolidados como a disputa da Copa Cantábrica en Avilés, o Xerro do Salnés en Xil-Meaño, o All Stars en Cabanas ou Mugardos etc. etc.