CRÓNICA
Xove (M.F.O) .- O Club Baloncesto Xove afronta unha nova tempada en Primeira Nacional coa ilusión de mellorar os resultados da anterior campaña. O equipo conta este ano con un extenso cadro de xogadores debido aos numerosos fichaxes realizados polo club. Cabe resaltar a incorporación de Adrián, xogador que militou varios anos na liga EBA. Tamén a directiva do club quixo seguir contando co adestrador Pablo Castro que tan bos resultados conseguiu a tempada pasada.
Para o primeiro encontro da tempada os xovenses tiveron que viaxar ata Tui con varias baixas. O mal comezo de partido por parte dos mariñáns, 18 puntos abaixo ao descanso, privounos da primeira vitoria cun marcador de 80 puntos a 67.
Para a segunda xornada o Xove recibe ao Peleteiro coa intención de facer un fortín do seu pavillón.