Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG pide ao PP que deixe de mediar no ERE de Sargadelos á vista dos froitos negativos

Nota de Prensa

O BNG PIDE A BALSEIRO QUE DEIXE DE MEDIAR NO ERE DE SARGADELOS Á VISTA DOS FROITOS NEGATIVOS PARA OS INTERESES DO CADRO DE PERSOAL EN CERVO

O TTE. DE ALCALDE E PARLAMENTAR CERVENSE NON RECOLLEU NA SÚA EMENDA NO PARLAMENTO A DEFENSA DOS POSTOS DE TRABALLO EN SARGADELOS

DIANTE DE SITUACIÓNS SEMELLANTES NON SE PODEN DAR RESOLUCIÓNS DIFERENTES ENTRE O CASTRO E SARGADELOS

Cervo, 30 de setembro de 2010. O BNG cualificou de patética a mediación do Tte. De Alcalde e Parlamentar, José Manuel Balseiro, que despois de mediar coa súa presenza en reunións do Comité de Empresa e da dirección da planta de Sargadelos na Inspección de Traballo en Lugo o resultado foi negativo para os interese do cadro de persoal da planta cervense ao contrario do sucedido na do Castro. Os nacionalistas pediron a Balseiro que deixe de mediar e acusárono de enganar aos seus veciños ao presentar unha emenda no debate parlamentar que non recollía o mantemento dos postos de traballo en Sargadelos nin o rexeitamento do ERE tal como se aprobou por unanimidade, incluído o seu voto, no pleno de Cervo.

O BNG pide a Balseiro que deixe de mediar en Sargadelos xa que con estes amigos para que queremos inimigos.

O BNG criticou a baixeza moral do Tte. Alcalde e Parlamentar popular, José Manuel Balseiro, que diante da prezenza no debate parlamentar de moitas persoas afectadas por despedimentos en Sargadelos, foi incapaz de manter a súa postura en Cervo de rexeitar o ERE proposto pola dirección da empresa en Sargadelos, que recolle o despedimento de 26 persoas, e xa foi informado favorabelmente pola Inspección de Traballo de Lugo, presentando unha emenda que unicamente busca derivar responsabilidades a outras administracións dando por feitos os despedimentos e eludindo a realidade, xa que será a Consellaría de Traballo quen decida finalmente sobre a súa aceptación. O portavoz municipal nacionalista, Xoán Estúa cualificou de “patética” a intervención de Balseiro, “a quen lle pediu que deixe de mediar xa que con estes amigos para que queremos inimigos, Balseiro pasou de querer ser o campión que ia salvar todos os postos de traballo en Cervo a xustificar os despedimentos nun ERE inxusto e desproporcionado”

Reclamación de coherencia á Consellaría de Traballo xa que en situacións semellantes non pode haber resolucións diferentes.

Os nacionalistas reclamaron coherencia en relación á resolución dos expedentes dos EREs presentados no Castro e Sargadelos, “diante de situacións semellantes non se poden dar resolucións diferentes”, co agravante de que a propia dirección da empresa recoñece unha situación económica mellor en Sargadelos que en Sada. Neste sentido volveron esixir á Consellaría de Traballo un posicionamento claro na resolución definitiva dos EREs presentados, “ratificación do ERE do Castro e non aceptación do de Cervo” pola existencia de argumentacións contrapostas entre a Inspección de Traballo de Lugo e a da Coruña, que neste último caso xa foi ratificada en primeira instancia pola Delegación Provincial de Traballo ao observarse que “non quedan suficientemente acreditadas as causas alegadas pola empresa”

Exit mobile version