Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG esixelle responsabilidade ao PP de Xove e pídelle respecto as persoas

s”.
Nota de Prensa

O BNG de Xove reproba o comportamento do PP

Desde o BNG esixíronlle ao PP “responsabilidade” despois de que o pasado día 24 de setembro Demetrio Salgueiro os insultara gravemente chamándolles “parásitos” e dicindo que son “despreciables”.

Ademais de continuas aldraxes aos nacionalistas e un odio visceral ás persoas que conforman o BNG de Xove, na noticia publicada o venres pasado na edición da Mariña dun xornal provincial, o primeiro edil “non dicía máis que falsidades” como, por exemplo, que o BNG votara en contra do Plan Xeral no seu trámite plenario ou que o Bloque non presentara alegacións ao PXOM.

Marco López, responsable local en Xove, pediulle aos dirixentes do PP xovense “consideración” polas persoas que conforman o BNG e “respecto” polo traballo que desenvolven. López declarou que os ataques persoais e os insultos deberían “quedar fóra” de calquera debate civilizado e a “boa educación” imperar nas relacións con toda a cidadanía.

Nesta liña, Marco López desculpou a actitude do PP de Xove e achacouna ao estrés, pero advertiu que no BNG non cren “desprezable” a ningún partido político e que lles parece “caer moi baixo” chamarlle “parásito” a ninguén.

O responsable galeguista insistiu en que ese “non é o noso estilo” e que a ausencia de argumentos políticos “non se deberían intentar agochar con resentimento e ofensas tan desagradables aos veciños”.

Exit mobile version