Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Viveiro presenta unha decena de preguntas para o pleno do día 27 interesándose por diversos temas

Nota de Prensa

Preguntas que o BNG de Viveiro, presenta para a súa resposta  no Pleno do luns 27 .
As  primeiras teñen relación coa Sociedade Municipal Turviveiro e a Piscina Municipal. ( Obras, xestión da mesma, prazos para a súa apertura..).
Noutro grupo, interesámonos polo espazo do Souto da Retorta, situación da Escola Taller de Chavín, e dos viais e reparación dos mesmos, Covas, Chavín,…
Situación do Camiño da Picha en Valcarría, topónimo de Landrove…
Tamén pola situación en que se atopa a embarcación A Pomba, no peirao deportivo
O peche dun local de hostelaría e situación do expediente administrativo de mesmo tamén figura entre os temas a preguntar.
A maiores, presentamos para o seu sebate en Pleno unha Moción de “Apoio a Folga Xeral” do vindeiro 29 de setembro.

ROGOS E PREGUNTAS QUE PRESENTA O CONCELLEIRO DO B.N.G. NA VINDEIRA SESIÓN DE PLENO DO CONCELLO DE VIVEIRO

1.-Na sesión extraordinaria do Pleno do Concello celebrada o día 5 de Febreiro, acordouse rescatar por parte do Concello a Piscina Municipal con efectos do 01 de xullo do 2010. Por parte do Sr. Alcalde manifestouse no pasado mes de Agosto que se tiñan que acometer unha obras por importe de 275.000€ antes da súa apertura para adaptala a normativa

Diante deste acordo, e das manifestacións do Sr. Alcalde, presentamos as seguintes

PREGUNTAS:

* Quen vai acometer as obras? Si vai ser o Concello : – con que financiación e en que prazo aproximado se farían?
* Está prevista a reclamación polos vicios ocultos na construcción? En que prazo?
* Quen vai levar a xestión da Piscina, o Concello ou vaise sacar a concurso?
* Si é o Concello, con que personal?
* Qué prazo está previsto para a apertura da Piscina Municipal?

2.- Na mesma sesión comentouse por parte de tódolos grupos (incluido o do Goberno), que non tiña sentido ningún de existir a empresa municipal Turviveiro, abogando pola súa disolución. Tamén última sesión do Pleno da Sociedade Turviveiro, se pideu a disolución da Sociedade por parte de tódolos grupos.

En base ao acontecido ( perda da xestión do Porto deportivo, e rescate da Piscina por parte do Concello),

PREGUNTAMOS:

* En qué situación se atopa Turviveiro no seu contencioso con Portos? ,
* Ten algún tipo de actividade a Sociedade? ¿ De qúe persoal dispón?
* Ten tomada algunha decisión o Goberno Municipal para disolver a sociedade?

3.-O espazo público do Souto da Retorta, en Chavín, está nun estado de lamentable abandono. As barandas dalgunhas das Pontes do paseo están desfeitas pola caída de árbores, hai árbores caidas do último temporal sen retirar… En setembro do 2009 rogamos se fixesen as xestións oportunas diante da correspondente Consellería, sin que até esta data se fixese no lugar ninguna actuación.

Tamén existe preocupación pola enfermidade que está a afectar ás árbores ( eucaliptos ) deste espazo natural.

Diante desta situación presentamos as seguintes preguntas:

* Fíxose alguna xestión diante da Xunta?

* Si é así, que tipo de acción se comprometeron a facer?

* Existen datos arredor da enfermidade que sobren as árbores?

* Coñece o Concello algunha medida para paliar esta situación?

4.- Polos efectos do ciclón Klaus, a Escola Taller de Chavín, sufriu uns desperfectos do seu tellado. No ano 2009 adxudicouse a unha empresa a súa reparación, que tería que estar rematada en decembro do 2009. A día de hoxe os desperfectos ainda son visibles.

* Fixeronse as reparacións adjudicadas no seu dia?
* Si foi así, por qué segue o tellado na actual situación?

5.- Na sesión de Pleno do 27de Marzo de 2008, e a proposta da Alcaldía, acordouse a ampliación da Concesión de AQUAGEST, até o 01 de xullo de 2033. Nesta proposta ficaban  incluidas unha serie de obras e diversas parroquias por un importe de 960.000€.

Preguntamos:

* Cántas obras das consignadas no acordo se realizaron?
* Cales e con qué importes?

6.-  Cónstanos que un Café-Bar na zona da Praza de Juan Donapetry, foi pechado en varias ocasións puntuais no ano 2009 en base a diversas denuncias feitas por algún viciño do mesmo. Temos coñecemento que se instrueu o correspondente expediente administrativo que rematou co seu peche temporal, para adecuar as instalación. Tamén que por parte dos propietarios se fixo unha reclamación ao Concello polos prexuizos acadados co seu peche.

* Quen foi o instructor do expediente?
* Na instrucción do mesmo, déronse tódalas garantías legais ao denunciado?
* En que situación se atopa o expediente?
* Presentaron os propietarios demanda ao Concello por este concepto?
* Si é así en que situación se atopa a mesma?
* Solicitan indemnización?, en caso afirmativo : de cánto?

7.-Se ben é certo que algúns dos viais públicos das parroquias foron reparados non é menos certo que existen aínda moitos sobre os que non se actuou ou a reparación que se fixo foi nada máis que un lavado de cara. Estámonos a referir a viais como o de Suasbarras ás Pallaregas, o de Nogarido , ambas as  dúas en Covas; en San Andrés a de Cuiña; en Chavín ( Nogarido ), en San Pedro…

Para cando está prevista unha reparación destes viais?

8.-Cal é a situación da embarcación A Pomba , propiedade do Concello?

Fíxose algunha intervención nela?

O BNG insiste unha vez máis: ten previsto cumprir o acordo corporativo sobre esta embarcación?

9.-Vaise recuperar algún día o camiño da Picha na parroquia de Valcarría?

10.-Existen algunhas sinalización  de lugares que non cumpren coa normativa existente.

Estámonos a referir ás da parroquia de Landrove que incluén un  “San Julián de Landrove” que é un topónimo deturpado.

ROGAMOS que se cambie de inmediata para asi cumprir coa legalidade.

Exit mobile version