Nota de prensa:
FERNANDO SUÁREZ CALIFICA DE VERGONZA E DE DESPRECIO HACIA OS VECIÑOS O ESTADO NO QUE SE ATOPA A N-642 ENTRE RIBADEO E VEGADEO. O REXEDOR URXE A FOMENTO A QUE ACOMETA AS OBRAS DE REPARACIÓN NECESARIAS PARA TRANSITAR CON SEGURIDADE POR ESE VIAL.
Ribadeo, 27 de setembro de 2010. O alcalde, Fernando Suárez, califica de vergonza e de desprecio de Fomento hacia os veciños o estado no que se atopa a N-642 entre Ribadeo e Vegadeo. O rexedor urxe que se acometan as obras de reparación necesarias para poder circular con normalidade e con seguridade por ese vial.
Suárez Barcia referíuse hoxe “como alcalde de Ribadeo a unha serie de preguntas que me parecen moi correctas e moi ben feitas por parte dos deputados do BNG no Congreso sobre cándo pensa o Ministerio de Fomento reparar e asfaltar novamente a N-642, esta estrada de titularidade estatal desde Ribadeo á Veiga”.
O rexedor considera que ese vial “está feito unha porquería e hai que decilo así. Hai tempo que nos temos referido a este asunto, xa fixemos conxuntamente algunha queixa formal e en abril se pediron explicacións a Fomento e o ministerio desde entón non fixo nada e agora o certo é que vai entrar o inverno e temos unha das peores estradas de ámbito estatal de todo o país. Ten un montón de baches, para a circulación de bicicletas e de motos é un auténtico perigo e para os coches tamén”. Fernando Suárez entende que “as restriccións económicas chegan a todos os sitios e entendo que Fomento tamén terá os seus problemas, pero ter unha estrada de ámbito estatal nesta situación é unha vergonza e un desprecio por parte de Fomento hacia os veciños non só de Ribadeo senón a todos os usuarios deste vial procecentes da Mariña interior, da provincia de Lugo e do Occidente asturiano”.
O alcalde solicita que “sen máis demora desde o Ministerio de Fomento procedan a iniciar unhas obras que xa hai tempo o xefe provincial da Demarcación de Estradas de Galicia en Lugo manifestaba por escrito que estaban a redactar un proxecto. A redacción parece eterna, pero agora pídese a aduxicación da obra de mellora dese vial e singularmente do tramo que nos toca a nós que é o que vai de Ribadeo a Porto”.