Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Ribadeo asegura que “o importante é conseguir entre todos que non caia” a Torre dos Moreno

Nota de Prensa:

FERNANDO SUÁREZ VALORA DE XEITO MOI POSITIVO A APROBACIÓN POR PARTE DE PATRIMONIO DO PROXECTO ENVIADO POLO CONCELLO PARA PROCEDER Á RECUPERACIÓN DA TORRE DOS MORENO. PARA O ALCALDE O IMPORTANTE É CONSEGUIR ENTRE TODOS QUE NON SE CAIGA.

Ribadeo, 17 de setembro de 2010. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, valora de xeito moi positivo a aprobación por parte de Patrimonio do proxecto enviado polo Concello para proceder á recuperación da Torre dos Moreno. Agora toca buscar financiación.

O rexedor lembrou que “por todo o mundo é sabido o mal estado e a pésima e mala situación na que se atopa a Torre dos Moreno, tanto desde o punto de vista estructural como desde a enorme fragmentación da propiedade e das dificultades que tiveron varias Corporacións para chegar a un acordo con eles e para que as administracións puideran invertir diñeiro público nun edificio que aínda que é un dos máis emblemáticos de Ribadeo non deixa de ser privado nun oitenta e pico por cento”.

Suárez Barcia manifestou que “eu, sendo consciente desta situación, e sendo responsable co que estamos facendo no casco vello dialogando coa xente que quere dialogar para que rehabiliten os seus inmobles, axudándolles no que poidamos a conseguir subvencións, etc. E ao mesmo tempo temos tamén unha man dura cos propietarios que non viven aquí e que teñen as súas casas caendo e que non son conscientes do peligro que iso supón para todos os viandantes. A Torre dos Moreno non debe ser allea a todo o que estamos a facer no casco vello”.

O alcalde de Ribadeo engadiu que “sempre mantiven e manterei neste caso unha discreción de cara ao que se está a facer. A Xunta, Cultura e Patrimonio son sabedores do que estamos a realizar e por iso me alegra que onte a Comisión de Patrimonio aprobase este proxecto remitido polo Concello para proceder á recuperación do inmoble. Un  proxecto que sigue un informe dun persoeiro en cálculo de estructuras como é José Calavera, que nos indicou que se debería facer de xeito urxente para que isto non se vaia abaixo, habería que ir pensando en substituir unha serie de columnas, en facer unha serie de traballos de emerxencia. Os primeiros pasos que había que dar eran esa aprobación por parte da Comisión de Patrimonio e agora haberá que buscar financiación, que primeiro terá que vir por parte dos propietarios lexítimos”.

Fernando Suárez valora “positivamente que a Comisión de Patrimonio aceptara e aprobara este proxecto. E eu sempre toda a información que saia á luz pública estará contrastada e consensuada cos responsables autonómicos, dado que o importante non é poñerse a medalla senón conseguir entre todos que non se caiga, cos propietarios primeiro, pero senón será a pesares dos propietario

Exit mobile version