Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Ribadeo apoiou a folga xeral e ordenou que lle desconten o día do seu salario

Nota de prensa:
FERNANDO SUÁREZ APOIA A FOLGA XERAL, ORDENOU QUE LLE DESCONTEN ESTE DÍA DO SEU SALARIO, AÍNDA QUE CONTINÚA A TRABALLAR CON NORMALIDADE.

Ribadeo, 29 de setembro de 2010. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, comprende os motivos da folga e apoia a convocatoria, de feito ordenou que lle desconten este día do seu salario aínda que continúa a traballar con normalidade.

O rexedor sinalou que “diferentes medios de comunicación me preguntan hoxe que fai o alcalde de Ribadeo. O alcalde comprende os motivos da folga, apoia a folga ata o punto de que din instrucións para me desconten o día de salario igual que ao resto dos traballadores que secundan esta convocatoria. Pero o certo é que os problemas de Ribadeo non desaparecen nin as cousas pendentes se esfuman dun plumazo porque o alcalde vaia á folga, porque non estea”.

Suárez Barcia explicou que “eu estou coma un día máis atendendo aos veciños, recibindo as súas queixas e problemas e tentando resolvelos. Estou no Concello e visitando parroquias para dar solución a estes asuntos que son do día a día e aquí estou unha xornada máis ao pé do canón”.

Exit mobile version