Site icon Crónica3.com A Mariña

O 2 de outubro celebrarase a I Carreira popular “Val das Fabas” en Lourenzá

Nota de prensa:
I CARREIRA POPULAR “VAL DAS FABAS”.-

SÁBADO, 2 DE OUTUBRO DE 2010. Lourenzá (Lugo)

REGULAMENTO

1º.- Poderán participar nas distintas probas todos aqueles atletas nacionais que o desexen, non se autorizará a participacion de atletas federados extranxeiros agas os portugueses que non houberan sido internacionais co seu pais. As distancias son orientativas non homologadas.

2º.- As INSCRICIONS deberán estar en poder da Organización antes das 18 horas do día 30 de setembro de 2010

3.- As inscricións poderanse facer por correo electrónico a dirección

escolaslourenza@gmail.com ou no nº de fax 982121280 nas inscricións deberan figurar o NOME, APELIDOS, DATA DE NACEMENTO, Nº de LICENZA e CLUBE ou COLEXIO, se é o caso.

En casos excepcionaís poderase facer ata 30 minutos antes do inicio da proba.

As inscricións dos cativos que corran dentro do casco urbán, faranse ata 30 minutos antes do inicio das probas, no propio escenario da carreira e non será preciso facelas por ningún outro medio.

4.-A retirada de dorsais realizarase na mesa habilitada para tal fin na Praza Conde Santo.

5.- Tódolos participantes terán asignado un dorsal, e que irá situado no peito e terá que ser visible no desenrolo da proba.

6.-Dado que os participantes coinciden en hora e circuíto faráse un control de paso en diferentes puntos do circuito A organización establecerá controis durante o transcurso da proba polos calesterán que pasar os participantes para non ser descalificados.

7.- O peche do control será 30 minutos despois de que entre o 1º clasificado en meta.

8.- As reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao xuíz árbitro, non mais tarde de 30 minutos despois de comunicarse oficialmente os resultados. Se son desestimadas por este poderase presentar reclamación por escrito e acompañada dun depósito de 60 euros ao Xurado de Apelación.

9.- Será motivo de descalificación, entre outros, os seguintes aspectos: non realizar todo o circuíto da carreira, non levar dorsal ou manipular este, falsificar datos persoais.

10.- Todo o non disposto na presente normativa rexerase polas normas de Competición da FGA, RFEA e IAAF para a presente tempada, así como todo o regulamentado por instancias superiores.

11.- O descoñecemento de este regulamento non exime do seu cumprimento.

12- PREMIOS

– Haberá trofeo para o primeiro clasificado e medalla para o segundo e o terceiro clasificados de categoría Senior.

– Nas carreiras de Veteranos, Xuvenil, Cadete, Infantil, Alevín, Benxamín e Pitufos entregaranse medallas para os 3 primeiros clasificados.

– Obsequiarase cunha camisetas ós 200 primeiros que cheguen a meta.

13- Datos persoais dos comités:

a)- Comité organizador:

Rubén García Piñeiroa

(Técnico deportes Concello de Lourenzá)

Miguel A. Gavín Sánchez

(Xuíz-Árbitro atletismo)

Manuel Valcárcel Lastra

(Xuíz-Árbitro atletismo)

Brenan Rivas Terrón

(Monitor deportes Concello de Lourenzá)

B)- Responsables seguridade vial:

José Álvarez Castro

Rocío DaSilva Rivas

(Protección Civil – Lourenzá)

14- HORARIO-DISTANCIA E CATEGORÍAS CIRCUITO

O circuíto consta de unha distancia de 6400 m., case totalmente chairo, que transcorrerá polas seguintes rúas:

SAIDA: PRAZA CONDE SANTO – S. JORGE – PRAZA CONDE SANTO (META).

A META estará situada dentro da PRAZA .

16.30H PITUFOS MASC.E FEM 2004 EN ADIANTE 150 M Praza

16.40H BENXAMÍN (02/03) E ALEVÍN (00/01) 500 M. Casco Urbán

17.00H INFANTIL (98/99) 1000 M. Casco Urbán

17,30H ABSOLUTO, VETERANOS, XUVENIL, CADETE. 6400 M. Circuito.

Exit mobile version