Site icon Crónica3.com A Mariña

Novas Xeracións afirma que estará presente nos 67 concellos da provincia e Lugo

Nota de Prensa

NNXX provincial traballará pola constitución de xuntas locais nos
distintos municipios lucenses

NOVAS XERACIÓNS ESTARÁ PRESENTE NOS 67 CONCELLOS DE LUGO

• Tralo inicio do curso político o próximo mes en Portomarín, a
executiva provincial tamén se implicará na creación dunha escola de
formación e dunha asociación paralela a NNXX

Lugo, 25 de setembro de 2010.- O comité de dirección de Novas
Xeracións da provincia de Lugo, constituído fai unha semana, mantivo
onte a súa primeira reunión durante a que se acordou como un dos
principais retos para o próximo curso político, o contacto coas xuntas
locais do Partido Popular co obxectivo de constituír NNXX en todos os
concellos lucenses. Ata o momento, só 15 municipios teñen
representación política da agrupación xuvenil do PP, porén, tal e como
afirmou o presidente provincial, Daniel Vega, a pretensión é que
“Novas Xeracións esté presente nos 67 concellos lucenses”.

A executiva provincial estableceu onte un programa de actividades e
retos para os primeiros meses do próximo curso político –que dará
comezo o vindeiro 23 de outubro en Portomarín–, co que lle dará
cumprimento ao seu programa político. Así, a acta da reunión mantida
onte tamén contempla a programación dunha reunión de traballo para
estudar a futura constitución dunha escola de formación e dunha
asociación paralela a Novas Xeracións.

Ademais a agrupación provincial prevé para o mesmo mes de outubro unha
reunión cos representantes da comarca de Vilalba, así como a
celebración da primeira xuntanza do comité executivo de Novas
Xeracións, que terá lugar o próximo venres, en Guitiriz.

Programa para novembro

De igual maneira, a axenda para o mes de novembro recolle actos de
reivindicación da actual situación de precariedade gandeira, económica
e laboral. Así, acorde ás principais problemáticas da sociedade
actual, Novas Xeracións provincial colaborará coa agrupación local de
Lugo cidade na organización dun acto que versará sobre a situación
económica e laboral da xuventude. O obxectivo é extraer conclusións
que logo lle serán propostas aos deputados da área.

De igual maneira, Sarria acollerá un acto reivindicativo sobre a
actual situación de crise do sector lácteo e que converte en penoso o
traballo dos gandeiros. Con el, NNXX porá de manifesto que “sigue
pensando na poboación agraria”, segundo manifestou Daniel Vega.
Así mesmo, o día 20 de novembro e coincidindo co Ano Santo Xacobeo,
Novas Xeracións de Lugo realizará un tramo do Camiño de Santiago, o
que descorre entre o Monte do Gozo e a catedral compostelá. Tamén
realizará outro tramo do camiño ao seu paso por Portomarín.

Por último, a actual executiva de Novas Xeracións non se esquece dos
seus predecesores, tanto é así que o 13 de novembro a cidade de Lugo
tamén acollerá un acto de agradecemento e recoñecemento do traballo de
todos os que ostentaron o cargo de presidente de Novas Xeracións na
provincia.

Exit mobile version