Site icon Crónica3.com A Mariña

No programa de Onda Cero “A Mariña na Onda” entrevistaron a candidatos as alcaldías de Barreiros e Ribadeo

Entrevista en Onda Cero ao candidato do PSOE en Barreiros: o ex concelleiro do PP no Vicedo Manuel López Lens

A emisora de radio Onda Cero A Mariña (102.3 FM) ofreceu hoxe, venres, a primeira entrevista concedida a un medio de comunicación polo candidato do PSOE á alcaldía de Barreiros, o ex popular Manuel López Lens.
No programa “A Mariña na Onda”, que dirixe e presenta Beni Mántaras, o médico ribadense Manuel López Lens falou da súa volta á política municipal, anunciou que quere levar de número 2 na lista ao actual concelleiro do PSOE en Barreiros, Benito Longarela, e dixo que se é elixido alcalde continuará exercendo a súa profesión de médico no centro de saúde de San Cosme de Barreiros.
Manuel López Lens fora membro do goberno municipal do Vicedo co popular Isaac Prado Villapol na alcaldía e dimitiu do seu cargo de concelleiro a metade de mandato, segundo explicou López Lens en Onda Cero. Desde entón non estaba en política activa, aínda que até xullo pasado seguía sendo afiliado do Partido Popular.
Onda Cero tamén ofreceu esta semana unha entrevista co candidato socialista á alcaldía de Ribadeo, o ex nacionalista Eduardo Gutiérrez, quen falou no programa “A Mariña na Onda” da súa volta á política activa despois de moitos anos fóra dela.
Gutiérrez foi alcalde de Ribadeo durante oito anos, parlamentario autonómico e deputado provincial, cargos que ocupou como representante do BNG, formación política que abandonou hai 3 anos.

Exit mobile version