Site icon Crónica3.com A Mariña

No mes de agosto o paro aumentou na Mariña en 63 persoas segundo o Pacto Territorial de Emprego

Segundo a “Asociación Impulso Pacto Territorial de Emprego A Mariña”
No derradeiro mes o paro aumentou no Pacto Territorial de Emprego de A Mariña en 63
persoas, situándose nos 3.806 parados a 31 de Agosto de 2010. Este aumento numérico
correspondese con un aumento porcentual do 1,68%. Este aumento porcentual é inferior ao
que se rexistrou entre xullo e agosto de 2009, cando o paro aumentou un 2,64%.

Tamén aumentou o paro na provincia de Lugo e en Galicia. Na provincia de Lugo o
aumento é superior ao do Pacto, mentres que en Galicia é inferior. Ao igual que no caso do
Pacto o aumento rexistrado no presente mes de agosto é inferior ao que se rexistraba no mes
de agosto de 2009.

Nos derradeiros doce meses o número de parados aumentou en 270 persoas, o que
significa un aumento porcentual do 7,64%.

Tamén aumentou o paro en Galicia e Lugo no derradeiro ano. O maior aumento
porcentual é o de Lugo. Tamén Galicia ten un maior aumento porcentual que o Pacto
Territorial.
Para información máis polo miúdo pincha AQUÍ

Exit mobile version