Nota de Prensa
MARFUL_ Manual de sedución.
Esta banda Lideraron unha revolución musical en canto arranxos, estética e letras de cancións no seu pais de orixen.
Estamos ante un Manual para seducir de principio a fin donde o amante óptimo é unha crianza medrada, un ou unha exibicionista emocional.
Un disco que seduce en sosego, fai perguntas e aceita a contradición porque a sedución non é explícita, é maxin donde se crian as cores e as mans osman posibilidades.
En Marful ou bem a linguaxe poética extendese até converterse en rival da música ou as duas camiñan da mam. Uns arranxos e unhas letras que non deixan a ninguem impasíbel. Gracias a un extremo poder de desafio, algúns “seres raros” atopanse: tres músicos con maiúsculas e unha voz de intelixencia cautivadora seducense, Marcos Teira, Pedro Pascual, Ugia Pedreira e Pablo Pascual receben enormes abrazos sonoros e moito cariño do público ali donde van.
Marful ensina a sua cara impresionista, as letras surrealistas mesmo patafísicas e unha variedade timbrica instrumental para danzar twist, slow, swing, pasodobles, jotas e mambos.
Manual de seducción é un disco luminoso,exuberante, viaxeiro, lisérsico, onírico entre o espazo e o tempo. Desde as tabernas dos portos até os xardíns románticos, desde os cinemas vellos até as grandes extensons de vides, do superficial ao profundo sen acritude, do corrosivo ao naif sen permiso.
Marful deixase seducir pola música popular galega, pola música italiana da Orquestra Strappini, pola constantes viaxes e amizades a Cuba e Brasil e ademais, perdense nas voltas da música ambulante, das variettés e os guinhos do music-hall.
O resultado é un son club, vintage e cool co cruño do realismo máxico galego cheio de tópicos galego-portugueses e carregado de retranca.
A imaxe gráfica está asinada por os mellores deseñadores da vangarda galega. Dous patafísicos convencidos. O deseño do disco é de Misha Bies Golas e a fotografia de O Pastor.
O vestiario é dunha nova promesa da vestiario galego, o deseñador Gonzalo Vazquez.
Manual de Seducción está grabado nos Estudios Savik Sound co técnico de confianza José Trincado entre os meses de primavera e foron ben acompañados nesta viaxe polos seus amigos e colaboradores habituais: Jacobe Martinez (contrabaixo) e Lar Legido (bateria e percusións) de Sumrá.
Ademais contaron con o talento e presenza de compañeiros como :
David Herrington ( trompeta, fliscorno), Diego Galaz (violino), os cubanos Alejandro Vargas (piano) e José Manuel Diaz (contrabaixo), Alfredo Rodriguez de Factoria Teatro (voz, narración), Paulo Gacio (flauta traveseira), o semi-marfuleiro Quim Farinha de Berrogueto (violino) e o Sr. Germán Diaz (serra).