ACTA DA XUNTANZA DO XURADO
CONCURSO FOTOGRAFÍA
“CON A SOMBRIZA NA PRAIA”
VERÁN 2010
Sendo as 12:00 horas do mércores, 22 de setembro de 2010, reunidos os votos do xurado encargado de outorgar os premios da edición 2010 do CONCURSO DE FOTOGRAFÍA “CON A SOMBRIZA NA PRAIA” integrado pola Xunta Directiva da Asociación Cultural A Sombriza, composta polos membros que de seguido se enumeran: Mª Eugenia Piñeiro Díaz, Diego Campo López, Juan Antonio Gallego Prieto, José García Insua, María Fernández Martínez, Luís Miguel Díaz Losada, Julio Lamelas Alonso e Susana Souto Díaz.
O sistema de votación é que cada membro elixe o primeiro, segundo e terceiro premio, sendo puntuados con tres, dous e un punto respectivamente, sumando ao final os puntos totais obtidos por cada membro do xurado.
Os votos emitidos correspondentes á categoría xuvenil (menores de 18 anos) na que se presentaron doce imaxes son:
Votación 1
1º.- O que máis indica a falta de contaminación é a propia vida, de aí que elixa a foto P9040297, aínda que dubidaba entre esta e a P9030250.
2º.- O segundo premio quero darllo a unha foto denuncia, que nos faga reflexionar sobre a importancia de manter as praias limpas. Entre as fotos presentadas, inclínome pola DSCN4068, por estar presente a area.
3º.- Persoalmente gústame o mar, sobre todo en días tristes, polo que elixín a foto P9170112 porque me invita a pasar unha tarde tirada nunha area limpa, lendo un libro, paseando ou simplemente vendo atardecer. Pensei tamén na foto DSCN4064.
Votación 2
1º P9170112
2º P9040297
3º P8220628
Votación 3
1º.- P9030250
2º.- P9170112
3º.- P8210620
Votación 4
1º.- P9170112
2º.- P9040297
3º.- P8180618
Estas son as fotos que, ao meu parecer, son as mellores do primeiro ao terceiro posto. En algunhas aínda que non hai referencia explícita a unha paisaxe limpa, si hai un reflexo da beleza e a magnificencia da natureza das nosas praias (tanto nas grandes paisaxes como nos pequenos detalles) o que debe mover sempre á súa conservación e respecto natural.
Votación 5
1º.- DSCN4064
2º.- P8220628
3º.- DSCN4068
Votación 6
1º.- DSCN4064
2º.- P9030250
3º.- IMG_3131
Votación 7
1º.- P9030250
2º.- DSCN4068
3º.- P9040297
Votación 8
1º.- P8220628
2º.- DSCN4064
3º.- P9030250
Resultando os seguintes puntos para cada foto presentada:
P9030250: 9 puntos
P9170112: 9 puntos
P9040297: 8 puntos
DSCN4064: 8 puntos
P8220628: 6 puntos
DSCN4068: 5 puntos
P8210620: 1 punto
IMG_3131: 1 punto
P8180618: 1 punto
DSCN4050: 0 puntos
P8180619: 0 puntos
IMG_3130: 0 puntos
Resultando un empate a nove puntos entre as fotos P9030250 e P9170112. Procedemos a unha segunda votación entre estas dúas fotos, obténdose o seguinte resultado:
Votos a favor da P9030250: 5
Votos a favor da P9170112: 3
Resultando gañadora na categoría xuvenil a imaxe P9030250. Chegado este momento, compróbanse os datos do autor, resultando ser Manuel Paz Lestegás de 8 anos.
De seguido, procédese a contabilizar os votos emitidos correspondentes á categoría adultos (maiores de 18 anos) na que se presentaron vinte e sete imaxes, resultando:
Votación 1
1º.- Hai unha foto que me namorou desde o momento que a vin, por todo o que me transmite, porque consigue transportarme, polo tanto, o primeiro premio para min é para Sinfonía de elementos.
2º.- O segundo posto quero darllo a unha fotografía que, para min, deixa moi claro cal é o elemento básico e principal da praia e a importancia de que estea limpo e ben coidado: a inocencia da area.
3º.- Despois de mirar un montón de veces cada foto, decidín que o terceiro premio sexa para a imaxe c_P914004700, porque é unha imaxe que, sen ser a típica de postal (que son preciosas…) desde o meu punto de vista di moito: praia limpa, auga transparente e ese neno… que nos fai pensar en que as praias están repletas de nenos xogando e tamén na importancia de concienciar á xente desde moi nena.
Teño que recoñecer que esta votación resultou moi difícil…
Votación 2
1º.- Posta de sol en A Marosa
2º.- Ocaso
3º.- Liñas paralelas no areal da ría de Foz
Votación 3
1º.- La foto c_P914004700, pola súa orixinalidade, pola beleza da paisaxe, porque mestura vida e augas cristalinas… define o que ten que ser unha praia.
2º.- Baixamar nunha praia da ría de Foz, encántame o contraste do branco e o negro e ademais vese unha praia, algo que non pasa na Portonovo (Esteiro) que tamén me gustaba pero fáltalle o elemento central do concurso
3º.- PICT0372, gústame moito esa auga cristalina, esa man humana, o se que intúe na poza…
Votación 4
1º.- Porta de Tannhäuser
2º.- Liñas paralelas no areal da ría de Foz
3º.- Ocaso
Estas son as fotos que, ao meu parecer, son as mellores do primeiro ao terceiro posto. En algunhas aínda que non hai referencia explícita a unha paisaxe limpa, si hai un reflexo da beleza e a magnificencia da natureza das nosas praias (tanto nas grandes paisaxes como nos pequenos detalles) o que debe mover sempre á súa conservación e respecto natural.
Votación 5
1º.- A inocencia da area
2º.- c-P9140042
3º.- DSC-7424
Votación 6
1º.- As Catedrais
2º.- Porta de Tannhäuser
3º.- cP9140043
Votación 7
1º.- As Catedrais
2º.- A inocencia da area
3º.- Residuos, como foto denuncia
Votación 8
1º.- Liñas paralelas no areal da ría de Foz
2º.- Porta de Tannhäuser
3º.- Sinfonía de elementos
Resultando os seguintes puntos para cada foto presentada:
A inocencia da area: 7 puntos
Porta de Tannhäuser: 7 puntos
As Catedrais: 6 puntos
Liñas paralelas no areal da ría de Foz: 6 puntos
Sinfonía de elementos: 4 puntos
c-P914004700: 4 puntos
Posta de sol en A Marosa: 3 puntos
Ocaso: 3 puntos
c-P9140042: 2 puntos
Baixamar nunha praia da ría de Foz: 2 puntos
Residuos: 1 punto
PICT0372: 1 punto
cP9140043: 1 punto
DSC_7424: 1 punto
Cubelas: 0 puntos
Catedrais: 0 puntos
A timidez da luz: 0 puntos
DSC_7430: 0 puntos
Llas: 0 puntos
Portonovo (Esteiro): 0 puntos
Praia de Abrela: 0 puntos
Praia de Area II: 0 puntos
Praia de Area: 0 puntos
Praia de Xilloi: 0 puntos
P09030257: 0 puntos
P09030217: 0 puntos
Solpor na praia Lóngara – Barreiros: 0 puntos
Resultando un empate a sete puntos entre as fotos A inocencia da area e Porta de Tannhäuser. Procedemos a unha segunda votación entre estas dúas fotos, obténdose o seguinte resultado:
Votos a favor de Inocencia da area: 6
Votos a favor de Porta de Tannhäuser: 2
Resultando gañadora na categoría adultos a imaxe A inocencia da area. Chegado este momento, compróbanse os datos do autor, resultando ser Manuel Yáñez Dablanca.
E deciden outorgar o premio dun REGALO POR IMPORTE DE 100 EUROS aos seguintes participantes:
Categoría xuvenil (menor 18 anos): Manuel Paz Lestegás, con domicilio en Ruela, 3 – 27889 – Rúa – Cervo
Categoría adultos (maior 18 anos): Manuel Yáñez Dablanca, con domicilio en Travesía Suso Peña, 2, 2º B – Ribadeo.
E para que así conste, asinan a presente acta aos efectos oportunos