Nota de Prensa
Máis de 300 persoas redescobren esta semana o Sur,a Montaña e a Costa luguesa con Km0
O programa co que a Deputación impulsa o ecoturismo e mantén 3.000 postos de traballo na provincia suma no que vai de mes uns 1.000 participantes
O mércores, o destino elexido por excelencia é a Mariña. 110 persoas viaxarán á costa lucense. A “Asociación artística e recreativa da Muller” de Lugo coñecerá o casco histórico de Viveiro, a praia das Covas e a cerámica de Regal. Pola súa banda, as “Amas de Casa da Fiestra” da Fonsagrada visitarán os eucaliptos de Chavín, o convento de Valdeflores, ou o monte viveirense de San Roque.
O xoves, voltarán á Mariña 55 membros do colectivo vilalbés “Mulleres rurais a Chousa” para facer a ruta do “Paseo dos namorados” que inclúe unha visita a fábrica de Sargadelos. Deste xeito, tan só nesta semana redescobren a costa lucense 165 persoas que se engaden ás 470 que xa o fixeron dende o comezo da 3º tempada de Km0 o 1 de setembro. Mentras, tamén o xoves, 48 membros da “Irmandade San Caetano” de Barreiros viaxarán a Negueira de Muñiz, coñecerán á área recreativa do encoro de Salime e o museo da Fonsagrrada.