Site icon Crónica3.com A Mariña

Máis de 195 mil alumnos de educación infantil e primaria de Galicia comezarán o curso o venres

NOTA DE PRENSA:

MÁIS DE 195.000 ESCOLARES COMEZARÁN O CURSO DE EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA O VINDEIRO VENRES

 Nos centros galegos de educación infantil están matriculados 65.572 alumnos e alumnas, e nos de educación primaria son 130.408
 O sistema galego aumenta máis de 4.000 escolares de ambas fases educativas
 O vindeiro 17 de setembro dará comezo o curso para os estudantes de secundaria e bacharelato

Santiago, 4 de setembro de 2009.- O vindeiro venres 10 de setembro comezarán as clases nos ciclos de educación infantil e primaria para 195.244 alumnos e alumnas. A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria resalta que no ano 2010/2011 nas aulas galegas haberá un aumento de case 4.000 estudantes, onde un centenar do alumnado sen nacionalidade española estudará en ambos ciclos.

Educación Infantil
Segundo estimacións da Xunta de Galicia 65.572 alumnos e alumnas comezarán o venres 10 de setembro as aulas de educación infantil. Deles 27.653 están matriculados na provincia de A Coruña; mentres que 25.288 son de Pontevedra; 6.439 de Lugo e 6.192 de Ourense.

Por tipo de centros e por provincias queda do seguinte modo:

Centros públicos

Centros privados non concertados

Centros privados concertados

A Coruña

19.416 alumnos

1.004 alumnos

7.233 alumnos

Lugo

4.654 alumnos

94 alumnos

1.691 alumnos

Ourense

3.964 alumnos

121 alumnos

2.107 alumnos

Pontevedra

17.193 alumnos

400 alumnos

7.695 alumnos

Total

45.227 alumnos

1.619 alumnos

18.726 alumnos

O aumento de matriculacións en educación infantil está especialmente reflectido nos centros de ensinanza pública, onde están matriculados 397 novos estudantes.

2009/2010

2010/2011

Centros públicos

44.830 alumnos

45.227 alumnos

Centros privados non concertados

1.589 alumnos

1.619 alumnos

Centros privados concertados

18.754 alumnos

18.726 alumnos

Total

65.173 alumnos

65.572 alumnos

Nesta etapa educativa o alumnado non nacionalizado español incrementouse lixeiramente respecto do curso anterior.

2009/2010

2010/2011

A Coruña

604 alumnos

606 alumnos

Lugo

232 alumnos

185 alumnos

Ourense

185 alumnos

107 alumnos

Pontevedra

551 alumnos

685 alumnos

Total

1.572 alumnos

1.583 alumnos

Educación Primaria

Por outra banda 130.408 alumnos e alumnas tamén comezaran o vindeiro venres as clases de educación primaria en Galicia. Por provincias 53.598 están matriculados en A Coruña; 13.253 en Lugo; 12.544 en Ourense e 51.013 en Pontevedra.

Centros públicos

Centros privados non concertados

Centros privados concertados

A Coruña

37.773 alumnos

1.293 alumnos

14.532 alumnos

Lugo

9.726 alumnos

235 alumnos

3.292 alumnos

Ourense

8.177 alumnos

181 alumnos

4.186 alumnos

Pontevedra

34.750 alumnos

945 alumnos

15.318 alumnos

Total

90.426 alumnos

2.654 alumnos

37.328 alumnos

As aulas de educación primaria nos centros públicos terán matriculados 1979 novos alumnos, un incremento moi superior o dos centros privados concertados e non concertados.

2009/2010

2010/2011

Centros públicos

88.447 alumnos

90.426 alumnos

Centros privados non concertados

2.582 alumnos

2.654 alumnos

Centros privados concertados

37.332 alumnos

37.328 alumnos

Total

126.361 alumnos

130.408 alumnos

No caso da educación primaria o número de alumnos e alumnas sen nacionalidade española aumentou respecto do ano pasado en case un centenar de estudantes.

2009/2010

2010/2011

A Coruña

2.160 alumnos

2.380 alumnos

Lugo

886 alumnos

722 alumnos

Ourense

691 alumnos

336 alumnos

Pontevedra

2.118 alumnos

2.511 alumnos

Total

5.855 alumnos

5.949 alumnos

Centros escolares e persoal docente

Dende o 10 de setembro 1.016 centros impartiran ensinanzas de educación infantil e primaria, o que significa que:

A Coruña

Lugo

Ourense

Pontevedra

Galicia

Educ. Infantil

79

7

7

89

182

Educ. Primaria e Infantil(1)

256

96

91

220

663

Educa. Primaria e Secundaria(2)

55

25

22

69

171

Total

390

128

120

378

1.016

(1) Inclúen os centros que imparten exclusivamente o primeiro ciclo de educación infantil.

(2) Inclúense os centros que imparten o segundo ciclo de educación infantil.

Para o curso 2010/2011 están previstas 31.375 prazas de persoal docente na ensinanza con titularidade pública. Destas 15.086 correspóndense con mestres, seguidos por profesorado de Educación Secundaria con 12.279. O resto de postos cúbrenos o profesorado técnico de Formación Profesional (2.180), os docentes de relixión (580 prazas en Primaria, 405 en Secundaria) e outro tipo de profesorado (845).

No tocante ao ensino privado, o número de prazas é de 7.779, repartidas en 7.587 de ensinanzas de réxime xeral, e 192 de ensinanzas de réxime especial.

Xa na educación concertada, o número de docentes previstos para o curso 2010/2011 é dun total de 5.321. Deles, a maior parte so de Educación Primaria (2.252) e Infantil (879).

Evolución na matriculación

Deste xeito para o curso 2010/2011 nas aulas galegas de educación infantil haberá matriculados 399 nenos e nenas que no pasado curso, mentres que no caso de educación Primaria o incremento será de 2.047 novos estudantes.

Ademais a Consellería de Educación recorda que o vindeiro 17 de setembro darán comezo as clases de educación secundaria para preto de oitenta e sete mil estudantes.

Servizos complementarios

O mesmo día do comezo de curso escolar, tanto nos ciclos de infantil como de primaria, empezarán a funcionar os servizos de transporte e os de comedor xestionados dende a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Ademais a Consellería de Educación continuará o vindeiro curso a apoiar o servizo complementario de comedor escolar incrementando nun 10% sobre o ano anterior o importe das achegas económicas destinadas ao cofinanciamento dos comedores xestionados polas asociacións de nais e pais (ANPAS) de alumnos e alumnas de centros públicos non universitarios.

A Consellería de Educación volve deste xeito demostrar o seu interese polo benestar dos estudantes galegos, e pesar da complicada situación económica que se vive nestes momentos fai un esforzo a prol das alumnas e alumnos, incrementando as axudas por segundo ano consecutivo, e ademais aumentando o seu alcance.

Así, no ano académico 2010-2011 haberá máis de 1,2 millóns de euros para apoiar estas asociacións e axudalas a sufragar o custo do menú, a vixilancia e coidado dos alumnos, en especial daqueles con necesidades específicas, e o desenvolvemento de programas de promoción da saúde e habilidades persoais nos comedores.

Ademais, e por primeira vez este ano, estas achegas económicas poderán destinarse a sufragar os gastos ocasionados pola contratación de pólizas de seguros vinculadas directamente á prestación do servizo de comedor escolar.

Este é o segundo curso consecutivo no que a Consellería de Educación incrementa o importe desta axudas, que xa se viron aumentadas nun 10% no pasado ano escolar 2009-2010; e supoñen un 20% máis da contía existente no momento de cambio da lexislatura.

Exit mobile version