NOTA DE PRENSA
Concello de Lourenzá convoca o XIV Concurso Fotográfico Festa da Faba no que cada participante poderá presentar entre 4 e 6 instantáneas inéditas nas categorías: “Temática Libre Lourenzá ” (fotos representativas, recoñecibles, distintivas e identificativas do Concello de Lourenzá) e Temática Libre. O prazo para a súa presentación remata o vindeiro 17 de setembro podendo entregar as obras nas oficinas municipais do Concello de Lourenzá, Praza do Conde Santo, s/n, 27760, Lourenzá.
Os organizadores do certame premiarán a mellor serie de cada categoría. O vencedor da categoría A (Libre Lourenzá) obterá 500 euros mentras que o vencedor na categoría B (Libre) obterá 200 euros.
As fotografías poderán ser en blanco e negro ou en cor cunhas medidas comprendidas entre os 20×25 cm ata os 30 x 40 cm, debendo ser presentadas ademáis en formato dixital para a publicación das series gañadoras nas web: www.fabadelourenza.org e www.concellodelourenza.es
Os autores terán asimesmo que indicar os seus daos persoais, incluindo un teléfono de contacto e o nº de orde das fotografías dentro da serie.
O fallo do xurado resolverase en acto público o 03 – 10 – 10.
Para máis información pódese chamar ao telf. 982 12.10.06 ou consultar a web: www.concellodelourenza.es