Nota de Prensa
LEITE RÍO BREOGÁN E FEVE OVIEDO DISPUTARÁN O VINDEIRO 22 DE SETEMBRO O I TORNEO CONCELLO DE BURELA DE BALONCESTO.
A concelleira de Deportes, Neves Cando, sinalou que “a Fundación Balogal púxose en contacto con nós a través do Clube Baloncesto Burela para ver a posibilidade de organizar un partido aquí co Breogán. E por suposto aceptamos encantados polo que supón poder disfrutar dun baloncesto de calidade do noso pobo e por achegar os equipos grandes aos nosos rapaces e rapazas que practican este deporte en Burela”.
A edil nacionalista convidou “a todo o mundo para acudir o vindeiro mércores a presenciar o partido que disputarán o Breogán de Lugo e o Oviedo, unha oportunidade única para achegar o baloncesto máis profesional ás nosas categorías base e ao público en xeral amante do baloncesto”.