Site icon Crónica3.com A Mariña

Isbel e Fernando e Sarkozy

Decia Bob Dylan fai casi medio seculo que “OS TEMPOS ESTAN CAMBIANDO”, bueno a cancionciña decia todo esto:

Veña a xente de ao redor, reúnanse, onde queira que estean,
e admitan que as augas medraron á súa ao redor
e acepten que axiña estarán calados ata os ósos,
se cren que o seu tempo é digno de salvarse,
será mellor que comecen a nadar ou afundiranse como pedras
porque os tempos están cambiando.

Veñan escritores e críticos que profetizan coa súa pluma
e manteñan os ollos ben abertos, a ocasión non virá de novo,
e non falen demasiado axiña pois a roda aínda está xirando
e non nomeou quen é o elixido
porque o agora perdedor será máis tarde o gañador
porque os tempos están cambiando.

Veñan senadores, congresistas por favor, oian a chamada
e non queden no limiar, non bloqueen a entrada,
porque resultará ferido o que se opuxo,
hai no exterior unha pelexa furibunda,
axiña golpeará a súa fiestras e estalarán os seus muros
porque os tempos están cambiando.

Veñan pais e nais de ao redor da terra
e non critiquen o que non poden entender,
os seus fillos e fillas están fóra do seu control,
o seu antergo camiño envellece axiña,
por favor, deixen paso ao novo se non poden botar unha man
porque os tempos están cambiando.

A liña está trazada e marcado o destino
os lentos de agora, serán rápidos máis tarde
como o agora presente máis tarde será pasado,
a orde desvanécese rapidamente
e o agora primeiro máis tarde será o último
porque os tempos están cambiando.

Bueno o Dylan facía profecía, co seu cantar, pero que lento é o cambio si é que existe, pois lendo o que lle segue un ten moitas dubidas de que as cousas estean cambiando….e menos para ben. Amigos e coñecidos ¿Que diferencia este decreto de aqueles reis de Aragón e Castela que montaban tanto e tanto montaban de 1499 e o que acaba de facer fai uns dias en 20010 o presidente francés?

Isabel i Fernando, Medina del Campo, 1499
“Mandamos aos egipcianos [xitanos] que andan vagando polos nosos reinos e señoríos coas súas mulleres e fillos, que do día que esta lei fose notificada e pregoada na nosa corte, e nas vilas, lugares e cidades que son cabeza de partido ata sesenta días seguintes, cada un deles viva por oficios coñecidos, que mellor soubesen aproveitarse, estando atada en lugares onde acordasen asentar ou tomar vivenda de señores a quen sirvan, e déanos o houbese mester e non anden máis xuntos vagando polos nosos reinos como o facen, ou dentro doutros sesenta días primeiros seguintes, salgan dos nosos reinos e non volvan a eles en xeito algunha, so pena de que se neles foren achados ou tomados sen oficios ou sen señores xuntos, pasados os devanditos días, que dean a cada un cen azoutes pola primeira vez, e destérrenos perpetuamente destos reinos; e pola segunda vez, que lles corten as orellas, e estean sesenta días nas cadeas, e tórnenos a desterrar, como devandito é, e pola terceira vez, que sexan cativos dos que os tomasen por toda a vida”.

Otero Regal

Exit mobile version