Site icon Crónica3.com A Mariña

Galiza Nova cualifica de éxito a compromiso da mocidade mariñá coa folga xeral

Nota de prensa:
Galiza Nova A Mariña remata hoxe a rolda de asembleas informativas polos centros de ensino da comarca para informar dos motivos para apoiar a folga xeral do mércores 29 de setembro

Os mozos e mozas nacionalistas cualificaron de éxito de asistencia e compromiso da mocidade mariñá que entenderon que o xoves tamén está en xogo o seu futuro

A Mariña, 28 de setembro de 2010. Centos de mozos e mozas dos centros de ensino medio da Mariña asistiron ás asembleas informativas que a organización xuvenil Galiza Nova e o sindicato estudantil organizado nos Comités impartiron en días pasados na comarca. Para a organización xuvenil foi un éxito de participación e agradeceron a boa disposición da mocidade a participar dunha reivindicación na que está en xogo o seu futuro laboral ameazado con medidas regresivas como as que está a poñer en marcha o goberno do Estado e acrecentada polos recortes en servizos públicos educativos, sociais e sanitarios dispostos polo goberno do PP en Galiza.

Galiza Nova fixo un chamamento á participación da mocidade na folga e na manifestación convocada pola CIG en Foz.

A organización xuvenil Galiza Nova aproveitou para pedir o apoio masivo da mocidade mariñá á folga xeral convocada para o 29-S e a participación na mobilización convocada polo sindicato nacionalista CIG ás seis da tarde do día 29 en Foz, onde a organización xuvenil estará presente. Os mozos e mozas nacionalistas recorreron a práctica totalidade dos centros de ensino medio da comarca e pecharon este ciclo de asembleas na mañá de hoxe en Viveiro.

Galiza Nova A Mariña non quixo estar allea ao traballo de facer ver á mocidade a necesidade de contestar as medidas regresivas do goberno de Madrid e lembraron que a actuación do Partido Popular no goberno galego, non fai mais que acrecentar a gravidade destas medidas, pondo como exemplo que dende a chegada do PP as taxas de desemprego en menores de 25 anos supera o 36% mentres un ano antes afectaba ao 28%, incrementándose nos que teñen estudos superiores ao 48%”.

Non e lóxico concluiron os mozos e mozas nacionalistas, que veñan agora as organizacións xuvenis da dereita, en referencia a Novas Xeracións, a discutir o noso traballo e actuación que sempre foi contrario a un modelo económico neoliberal que nos levou a esta situación e que agora co apoio destas organizacións o PP galego segue afortalando. Os nacionalistas reprocharon a NN.XX. a súa actitude cómplice nas políticas do PP de desmantelamento de servizos públicos sanitarios, sociais ou educativos na Mariña, “onde se suspenderon ciclos educativos obrigando a estudantes mariñaos a desprazarse a outros puntos do país” e lembraron que hai xente moza que se incorpora ao mercado laboral a moi curta idade polo que deben coñecer os efectos dunha reforma laboral que lles pode afectar direcamente”.

Exit mobile version