O PP califica de “boa noticia para Lugo” a confirmación da Xunta de que “blindará” as obras incluidas no Plan Move
* O comité de dirección do PPdeLugo instou ós socialistas a recapacitar e “a tomar nota” do rexeitamento xeral que está a suscitar entre a cidadanía a súa política económica
* Os populares calificaron de “tranquilo” o inicio do curso escolar e destacaron as melloras introducidas tanto no que respecta ó fomento da aprendizaxe do inglés como no uso das novas tecnoloxías a través do programa Abalar
Lugo, a 30 de setembro de 2010.- O comité de dirección do Partido Popular mantivo hoxe unha das súas periódicas reunións de traballo na que analizaron, entre outros asuntos de actualidade, a confirmación por parte do presidente da Xunta de que nos orzamentos do vindeiro ano “blindará” a execución de todas as autovías incluidas no Plan Move.
Unha nova que acolleron con “grande satisfacción” porque, segundo indicaron, quere dicir que todos os contratos asinados e as obras xa iniciadas en materia de infraestruturas polo goberno galego seguirán adiante conforme ós prazos previstos. É, por tanto, segundo salientaron, “unha boa noticia para Lugo, tan deficitaria na dotación de infraestructuras e tan castigada polos recortes e retrasos das obras que corresponde acometer ó Ministerio de Fomento”.
Para os populares lucenses, o adelanto feito onte no Parlamento por Ñúñez Feijoo “acredita con feitos a palabra dada polo Goberno galego” en contraposición “cos desmentidos e continuos cambios de criterio dos que fai gala o titular de Fomento José Blanco”, ó que instaron a cumprir o Pacto do Obradoiro e a licitar os 3.000 millóns que estaba previsto consignar para elo este ano e dos que só están comprometidos o tres por cento”.
FOLGA XERAL
Sin entrar na guerra de cifras sobre o seguemento que acadou a convocatoria de folga xeral de onte, os populares ratificaron a súa opinión de que a convocatoria, aínda que axustada a dereito, non era neste intre a mellor opción para loitar contra a crise económica na que está sumida a economía do país e da que non é allea a provincia de Lugo e menos aínda para rebaixar a taxa de desemprego, que se sitúa por riba do 20 por cento.
Entenden, nembargantes, que o Goberno de Rodríguez Zapatero debe “tomar nota” do rexeitamento social xeralizado que está a acadar a súa política económica, “que está a supoñer a maior agresión ós dereitos sociais de toda a etapa democrática”, e instano a que, “polo ben do país”, rectifique. Engaden os populares que, “se non se ve con capacidade para reorientar a súa acción de goberno o mellor que pode facer é marcharse”.
CURSO ACADÉMICO
O comité de dirección do PPdeLugo tamén abordou pormenorizadamente o inicio do curso escolar para 32.500 alumnos de Infantil, Primaria, ESO, Formación Profesional e Bacharelato, que calificaron de “tranquilo”.
Os populares valoraron moi positivamente que, pese o preciso axuste orzamentario por mor da crise, a dotación de profesorado axeitouse ás necesidades e cubrironse, de feito, todas as prazas de nova creación. Salientaron asimesmo que o ratio alumnos profesores en Lugo sexa mellor que a media do Estado, situándose no 9,5 fronte ó 11,3.
Na provincia de Lugo, segundo os datos barallados hoxe polo comité de dirección, o 73 por cento dos alumnos de Infantil e Primaria están escolarizados en centros público. Son, en total, 19.692 nenos, un 1,6 por cento máis que o pasado curso, e dos que preto de mil son inmigrantes.
Constataron asimesmo que tanto o transporte coma os comedores escolares funcionan con normalidade. Neste senso, valoraron positivamente que ó redor de 12.250 nenos fagan uso do comedor escolar e negaron categóricamente que a prestación deste servicio fose obxecto dalgunha reducción. O único cambio a este respecto, segundo clarexaron, é que algúns destes comedores estanse a xestionar, de acordo co decreto aprobado polo anterior goberno bipartito da Xunta, de xeito indirecto. Ós populares resúltalle “curioso” que aqueles que tanto critican o uso do catering nalgún colexio no que só hai oito nenos, non teñan nada que dicir sobre a contratación deste sistema noutros municipios, como é o caso do de Lugo, no que este servicio está xestionado directamente polo Concello.
Dende o PP tamén entenden “razoable” e “consecuencia da baixa de matrículas rexistrada” a supresión de tres escolas unitarias, a máis baixa dos últimos anos. Foron as de Sisoi (Cospeito), Vieiro (Viveiro), nas que había tres alumnos en cada unha, e Donís (Cervantes) na que había cinco.
Salientaron asimesmo o mantemento do mesmo número de ciclos formativos en Formación Profesional que o pasado ano, putualizando que si ben se pechou un que só contaba cun alumno, púxose en marcha outro de grao superior de Química Industrial “que a bo seguro obterá moi bos resultados”.
Os populares consideran “unha boa noticia” que este curso cinco centros da provincia sexan plurilingües e que se incrementaran nun 30 por cento as aulas bilingües, que xa suman 128. Amosaron asimesmo a súa satisfacción porque este ano, “por primeira vez”, estes centros centros escolares conten con auxiliares de conversación nativos.
A potenciación do uso de ferramentas informáticas nas aulas, a través do programa Abalar, foi outro dos aspectos deste novo curso escolar salientado na xuntaza do comité de dirección do PPdeLugo. A iniciativa desenvolverase en 48 colexios e institutos (40 públicos e 8 concertados) e permitirá que 1.872 alumnos dispoñan de ordenador portátil.
SUBA DO RECIBO DA LUZ
O comité de dirección dos populares tamén analizaron con “preocupación” a suba da electricidade que o Goberno de Zapatero ten previsto aplicar a partir de mañá. Neste senso, amosaron o seu “frontal rexeitamento” á medida que, segundo recalcaron, causará un grave perxuizo económico tanto ás familias como as PEMEs e os autónomos e amosaronse dispostos a seguir presentando cantas iniciativas sexan precisas en todas as institucións de ámbito nacional, autonómico e local, como xa fixeron o pasado martes na Deputación (a proposta foi rexeitada pese a que a moción popular foi respaldada polos deputados do BNG).
Dende o PP insisten en que esta suba e contraproducente e moi lesiva, posto que suporá un incremento do recibo da luz dun 4,8 por cento, que se suma a suba encadenada dun 26% nos últimos 30 meses, ó que hai que engadir outro dous por cento como consecuencia do aumento do IVE.