Site icon Crónica3.com A Mariña

Viveiro conmemora o bicentenario do afundimento do bergantín Palomo e da fragata Magdalena

Nota de prensa:

Dentro dos actos a levar a cabo con ocasión da conmemoración do Bicentenario do Afundimento do Bergantín Palomo e da Fragata Magdalena, a Comisión organizadora presenta para estos días dúas actividades:

1.- CINE NO TEATRO PASTOR DÍAZ.

Os días 24 e 25 de setembro ás 20:30 horas realizaranse no Teatro Pastor Días as seguintes proxeccións relacionadas co mundo naval

Invitase a todos aqueles que queiran a acudir á cita.

2.- BUQUE DA ARMADA ESPAÑOLA NO PORTO DE CELEIRO.

A Armada española pon a disposición da Comisión do Bicentenario o PATRULLERO de altura SERVIOLA  P-71.

Estará atracada no Porto de Celeiro os días 23 e 24 de setembro de 2010.

En horario de mañá o Patrullero será visitada polos alumnos dos Colexios do municipio de Viveiro;

En horario de tarde a entrada será libre a todos aqueles que queiran visitalo en horario de 17:00 a 19:00 horas.

O Patrullero Serviola está especialmente vinculado ao Porto de Celeiro, sendo no mesmo onde se lle entregou no ano 1994 a bandeira de Combate.

HISTORIA

Construído en 1.990 no asteleiro de Ferrol da antiga Empresa Nacional Bazán (hoxe NAVANTIA). Entrou ao servizo da Armada a partir de outubro de 1.992. Dende entón permaneceu no galego porto de Ferrol, a súa base de estacionamento, efectuando la maioría das súas navegacións ao longo dos litorais galego e cantábrico.

CARACTERÍSTICAS

Especialmente diseñados para navegar na alta mar durante periodos prolongados de tempo e con estados da mar ata mar grosa sen que se produza unha degradación significativa das súas capacidades. Dispoñen dunha cuberta de vo que lle permite operar con helicópteros de tamaño medio, un hospital con seis camas e dous embarcacións semi ríxidas.

Viveiro, 22 de setembro de 2010

Concello de Viveiro

Comisión do Bicentenario do Afundimento do Bergantín Palomo e da Fragata Magdalena.

Exit mobile version