Nota de prensa:
CIG-A Mariña convoca asembleas informativas para abordar a Reforma Laboral e preparar a Folga Xeral do 29-S.
As asembleas celebraranse de forma aberta en Viveiro o día 21, en Burela o día 22 e en Ribadeo o día 23.
A Confederación Intersindical Galega convoca na Mariña asembleas informativas onde se abordarán a Reforma Laboral, a proposta de Reforma das Pensións e a Folga Xeral do día 29 de setembro.
A primeira destas asembleas celebrarase mañá Martes 21 en Viveiro ás 20.30 no Salón de Actos do Edificio Sindical. A de Burela terá lugar no Salón de Conferencias (biblioteca vella) e a de Ribadeo no salón de actos do edificio sindical.
Nas asembleas, que serán abertas a toda a clase traballadora, afiliada ou non, explicarase pormenorizadamente o recorte de dereitos que para todos os traballadores e traballadoras supoñen as medidas que o Executivo nun caso ven de implantar e noutro pretende acometer a curto prazo. Dereitos que en moitos casos deu moito traballo conquerir como para agora non loitar por defendelos.
De aí a importancia de que o vindeiro día 29 a Folga Xeral sexa un éxito. Porque están en xogo non só os nosos dereitos, senón tamén o definitivo triunfo ou non dun modelo económico neoliberal que incentiva aos especuladores, ás grandes masas de fortuna, aos bancos… e pola contra afoga á clase traballadora.
O vindeiro día 29 todos e todas á folga porque outro modelo é posible!