Site icon Crónica3.com A Mariña

Buril organiza a fin de semana en Burela un encontro aberto de billarda e un campionato aberto de bolos

NOTA DE PRENSA

Este fin de semana terá lugar en Burela o II Aberto de Bonito, organizado podo Colectivo Cultural Buril de Burela.

O sábado desenvolverase o Aberto de Billarda a partir das 16:00 horas na pista deportiva do parque Rosalía de Castro. Este aberto é a primeira proba puntuable da temporada 2010-2011 do campionato de billarda organizado pola Liga Nacional de Billarda.

O Domingo será a quenda do torneo de bolos tradicionais, no participa moi activamente entre outras, a equipa do Clube de Bolos de Xove. Será tamén na pista deportiva do Rosalía ás 16:00 horas.

As interesadas e interesados poden participar coa equipa do Buril ou ben cunha equipa propia. Para calquera información sobre o aberto de billarda ou de bolos celtas poden contactar co Buril no e-mail ccburil@gmail.com ou no teléfono 616995013. Para participar en calquera das modalidades só é preciso que os interesados e interesadas se persoen no lugar do Aberto media hora antes do comezo dos xogos.

Exit mobile version