Site icon Crónica3.com A Mariña

Cervo pon en marcha o programa “Educ@ando en igualdade” entre alumnos de infantil e primaria

NOTA DE PRENSA

O CONCELLO PON EN MARCHA O PROGRAMA ‘EDUC@ANDO EN IGUALDADE’

* Esta iniciativa é gratuíta dará comezo o vindeiro luns

* Consiste na celebración de obradoiros e talleres para o fomento da igualdade entre alumnos de ensino infantil e primaria.

Cervo, 25 setembro de 2010.- O Concello de Cervo organiza a través da súa delegación de Educación e coa colaboración da Xunta de Galicia o proxecto “Educ@ndo en Igualdade”, consistente nunha serie de obradoiros e talleres para os alumnos de ensinanzas infantil e primaria dos dous centros do municipio.

Esta iniciativa de carácter gratuíto deuse a coñecer este mediodía no Concello de Cervo polas concelleiras Yolanda Pedreira (Educación) e Pilar Armada (Asuntos Sociais) e pola coordinadora de ditas actividades, Lucía Lage. Está previsto que os obradoiros comecen o vindeiro luns e se prolongarán ata o 29 de outubro.

Os talleres, que se desenvolverán nas aulas dos dous centros educativos do concello fora do horario lectivo, son de moi diversas temáticas e neles o que se persegue é o fomento da igualdade e a cooperación entre os nenos e nenas; así coma a súa autoestima.

Segundo indicou a concelleira de Educación, Yolanda Pedreira, o programa “Educ@ando en Igualdade” ten por obxecto conseguir o fomento de valores igualitarios e nos discriminatorios por razón de sexo nos diferentes niveles do sistema educativo. “Son actividades orientadas á resolución pacífica de conflitos como base para unha aprendizaxe do respecto e a igualdade, a través de actividades e talleres con contidos orientados a previr a violencia contra as mulleres, potenciando a análise crítica dos modelos de masculinidade e feminidade existentes e favorecendo tamén a busca de novos referentes. Todo elo co fin de reforzar unha educación baseada na non violencia e que potencie a tolerancia cero diante de actitudes deste tipo e permita unha convivencia sen discriminación por razón de xénero, así como a difusión dunha cultura da igualdade”.

Exit mobile version