Site icon Crónica3.com A Mariña

Case mil persoas participaron na presentación da publicación Km0 da Deputación

Nota de prensa:
A presentación da publicación de Km0 convértese no acto institucional de maior convocatoria na historia da Deputación

– Gómez Besteiro e López Orozco deron a coñecer, ante preto de 1.000 persoas, o primeiro libro que “vende” a riqueza medioambiental de Lugo na súa totalidade

– Autoridades locais e provinciais, sindicatos, USC, museos, axencias de viaxes, empresarios, autónomos, hostaleiros, numerosos proveedores e participantes de Km0, abarrotaron a área recreativa de “Los Robles”

– O Presidente subliñou que “Km0 crea emprego. Este é un resultado cuantificable nos 3.000 postos de emprego que logramos manter mediante a colaboración cos nosos proveedores ós que lles pagamos ó momento neste momento de crise”

A presentación de Km0.Rutas pola Provincia de Lugo converteuse no acto institucional de maior éxito de convocatoria na historia da Deputación de Lugo. O Presidente do organismo provincial, José Ramón Gómez Besteiro, xunto ó Alcalde de Lugo, José López Orozco, deron a coñecer o primeiro libro que “vende” a riqueza medioambiental da provincia na súa totalidade ante case 1.000 persoas que abarrotaron á área recreativa da capital “Los Robles”.

Gómez Besteiro subliñou que “con esta Biblia Verde que recolle as 127 rutas de Km0, sumamos esforzos para seguir xerando riqueza na provincia. A nosa andaina comezou xa en setembro de 2008 coa posta en marcha do noso programa medioambiental que, logo de criticarnos, de tacharnos de despilfarradores, de intentar poñelo en dúbida, frealo e paralizalo, e malia non contar co apoio da Xunta; o seu resultado resúmese nunha frase: Km0 crea emprego. Este é un resultado obxectivo e cuantificable nos 3.000 postos de emprego directos e indirectos que logramos manter mediante a colaboración cos nosos proveedores ós que ademais, lles pagamos en efectivo e ó momento neste momento de crise; e nos 20.000 participantes que xa resdescubriron a riqueza de Lugo” .

Pola súa banda, López Orozco destacou que “Lugo e a provincia poden ofrecer moitos atractivos: o programa Km0, Lugo10; patrimonio histórico, como a Muralla, a Catedral de San Martiño ou a vila de Mondoñedo; e un patrimonio natural espléndido, a Ribeira do Miño, a Mariña, a Ribeira Sacra… Poñer en valor estes atractivos, dalos a coñecer e explotalos, son maneiras de xenerar recursos económicos e emprego, unha tarefa na que están empeñados tanto a Deputación como o Concello de Lugo”.

Na convocatoria quixeron estar presentes autoridades locais e provinciais, sindicatos, Universidade, Centros de Ensinanza, museos, axencias de viaxes, empresarios, así como numerosos proveedores de Km0, -autónomos, restaurantes, establecementos de lecer ou aventura, transportistas, artesáns…-, así como participantes no pioneiro programa medioambiental en España, e cidadáns en xeral. Neste senso, o Presidente incidiu en que “

Km0.Rutas pola Provincia de Lugo é unha nova iniciativa que se enmarca dentro da aposta da Deputación polo medioambiente, a nosa oportunidade económica. Con esta publicación, o organismo provincial busca impulsar a economía de Lugo mediante a promoción do potencial natural dunha provincia avalada pola UNESCO no 55% do seu territorio grazas ás tres Reservas da Biosfera, -Terras do Miño, Eo-Oscos-Terras de Burón, e Os Ancares-, que conta con 100 quilómetros de costa e 800 quilómetros de Camiños de peregrinación sendo a provincia de España co maior número.

Deste xeito, dá conta das 127 rutas de Km0.Deputacion de Lugo: 88 que transcorren dende o norte ó sur de Lugo e que impulsan o comercio da zona; 14 centradas no deporte e na multiaventura nas que participan distintas empresas lucenses do sector; e 25 polos 4 Camiños que discorren por Lugo, -Francés, Primitivo, da Costa e o do Inverno-, mediante Km0 a Compostela, modalidade coa que a Deputación se converteu na primeira administración cunha programación estable e previa ó Xacobeo.

Exit mobile version