NOTA DE PRENSA:
BURELA ACOLLERÁ DO 8 AO 10 DE OUTUBRO AS XORNADAS GASTRONÓMICAS DO POLBO E DO 12 AO 14 DE NOVEMBRO AS DO PEIXE ESPADA.
Burela, 27 de setembro de 2010. Burela acollerá do 8 ao 10 de outubro as xornadas gastronómicas do polbo. Así o acordaron nun encontro celebrado o pasado venres a concelleira do Mar, o alcalde de Burela e os hostaleiros da vila.
A edil socialista Remedios López explicou que “se fan coincidir coa ponte do Pilar, nesa festividade incitarase á poboación a saír da casa e espérase que Burela acolla a mais turistas do habitual, aos que se lles dará a coñecer a nosa gastronomía”. O prezo da ración para o polbo á feira será de 8 euros e “logo haberá mais degustacións de distintas variedades como polbo con almeixas, polbo a brasa ou ao allo, salpicón de polbo, etc, nas que cada restaurante variará o prezo segundo sexa o tempo de elaboración da tapa”.
O Concello farase cargo da publicidade en prensa e na radio ademáis da cartelería sen costo algún para o hostaleiro, e nesta ocasión farase un exemplar da colección Os sabores do noso mar. Será o quinto libro xa que os anteriores a ese foron o da merluza do pincho, o bonito de Burela, o ourizo de mar e o do peixe espada que “agardamos distribuír nas vindeiras semanas. Toda a colección faise coa única idea de promocionar a nosa terra, os nosos produtos e darlle publicidade á hostalaría mais representativa de Burela”, segundo Remedios López Villar.
A concelleira do Mar asegura que “os libros que se fagan volveranse regalar polos bares que participen nestas xornadas para que os hostaleiros agasallen aos seus clientes e se animen a consumir e a preparar receitas con produtos do noso peirao, e tamén se levarán e distribuirán nas feiras turísticas nas que participe o concello”.
Na xuntanza celebrada o pasado venres no Concello tamén se acordou que as xornadas gastronómicas do peixe espada serán o 12, 13 e 14 de novembro. Nun novo encontro acordaráse o prezo, os pratos a degustar e o sorteo de obsequios.
B