Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela aprobou por unanimidade as alegación presentadas ao Plan de Ordenación do Litoral

Nota de prensa:
O CONCELLO APROBOU POR UNANIMIDADE AS ALEGACIÓNS PRESENTADAS AO PLAN DE ORDENACIÓN DO LITORAL.

Burela, 30 de setembro de 2010. O pleno do Concello aprobou por unanimidade as alegacións presentadas ao Plan de Ordenación do Litoral, o nomeamento dos membros especialistas en temas educativos no Consello Escolar Municipal, a proposta de declaración de zona xeolóxica do Perdouro como espazo natural de especial interese local e o nomeamento da praza do Mariñeiro.

O alcalde, Alfredo Llano, sinalou que “no asunto das alegacións presentadas ao POL, quero lembrar que foron consensuadas polos partidos políticos e asociacións veciñais de Burela e agardamos agora que sexan tidas en conta na Xunta. Pero aínda que foron aprobadas por unanimidade o señor Barcia insinuou no pleno de hoxe que desde o PP presentaron as súas propias alegacións, algo que non nos parece de recibo porque non se está a respectar a relación institucional entre o Concello e a Xunta, como xa fixeron noutras ocasións”. O equipo de goberno votou a favor e os populares abstivéronse na modificación do regulamento de utilización das instalacións deportivas municipais.

O bipartito, segundo explicou o rexedor, “rexeitou dúas mocións presentadas polo PP relativas a dúas obras a realizar na ponte do Perdouro e na zona de A Casilla e A Marosa, porque xa hai compromisos en firme por parte da Deputación para levar adiante estes traballos sen necesidade de que se marquen prazos de execución. E decidimos apoiar a moción plantexada polo PP sobre as tarifas eléctricas, estamos de acordo con esa petición, pero tamén avogamos por concienciar á poboación da necesidade de empregar o material axeitado, como por exemplo luminarias con tecnoloxía LED, para abaratar moito máis o gasto de electricidade nos fogares dos nosos veciños”.

Exit mobile version