NOTA DE PRENSA:
ATA O 15 DE SETEMBRO ESTÁ ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NO PROGRAMA PACTO PROVINCIAL POLO EMPREGO, SEGUNDO INFORMA A AXENCIA DE DESENVOLVEMENTO LOCAL DE RIBADEO.
Ribadeo, 7 de setembro de 2010. Ata o vindeiro 15 de setembro está aberto o prazo de inscrición para participar no programa Pacto provincial polo emprego, que promove a Deputación de Lugo. Os cursos que abarca están dirixidos a desempregados e desempregadas. As actuacións comprenden información e orientación socio-laboral, formacións transversal e formación específica nos cursos:
Atención sociosanitaria no domicilio. 640 horas
Atención sociosanitaria a persoas dependente en institución socias. 490 horas
Servizos de restaurante. 620 horas
Operacións básicas de pisos e aloxamento. 420 horas
Promoción turística local e información ao visitante. 730 horas
Aproveitametnos forestais. 640 horas
Operacións auxiliares de fabricación. 380 horas
Ademáis unha vez rematada esta fase, está previsto realizar unha segunda de formación complementaria. Os desempregados/as que participen nos módulos de práctica profesional e formación percibirán unha axuda por unha contía do 75% do IPREM (arredor de 400 euros). Os interesados en obter máis información e en inscribirse deberán dirixirse á AEDL do Concello de Ribadeo antes do 15 de setembro.