Site icon Crónica3.com A Mariña

Asegura o PP que o goberno da Deputación é o máis caro da historia da institución

Nota de Prensa

Barreiro: “a estas alturas todos os lucenses teñen claro que o goberno bipartito da Deputación é o máis caro da historia desta institución”

Lugo, a 7 de setembro de 2010.- “O goberno bipartito da Deputación de Lugo é o máis caro da historia desta institución. As cifras así o constatan e a estas alturas todos os lucenses o teñen claro”, asegurou o voceiro dos populares na institución provincial José Manuel Barreiro.

Todos os membros do equipo de goberno provincial menos un cobran da Deputación, o que supón, aplicada xa a rebaixa salarial aprobada no pleno do pasado mes de xuño, un custo anual de 1.391.322,3 euros; se a elo engadimos os 751.052,9 euros dos 27 asesores adscritos ós representantes socialistas e nacionalistas e os 5.428.293 euros que adican este ano a gastos diversos, a suma resultante é de 7.570.668,2 euros. “Son contados os concellos da provincia que dispoñen dun orzamento anual desta magnitude. De feito, o ano pasado só sete dos 67 municipios de Lugo superaron esta cantidade”, apuntillou o voceiro do Grupo provincial do Partido Popular.

“Mentres a Xunta rebaixa o 16 por cento os seus gastos de protocolo e nun 22,5% a partida adicada a propaganda e publicidade, a Deputación duplica con respecto ó pasado ano a partida consignada a gastos diversos”, puntualizou.

“Tampouco é desdeñable o custo que supón para as arcas provinciais a colocación de persoas afíns en organismos dependentes da administración provincial como pode ser o Inludes”, engadiu.

“Os números falan por si mesmo”, recalcou Barreiro, “e o vicepresidente primeiro Antón Bao é o menos indicado para negar a evidencia porque os tres representantes cos que conta o BNG na Deputación cobran dedicación exclusiva e dispoñen de nove asesores, o que equivale a dicir que lle toca a tres por cabeza”.

“Non está mal para unha forza política que onte mesmo levou ó pleno da corporación de Lugo unha iniciativa na que avogaba pola desaparición desta institución. Non hai dúbida entón de que a súa presencia nas deputacións está motivada única e exclusivamente por un interese económico”, explicou.

José Manuel Barreiro fixo fincapé tamén no feito de que a xestión da administración provincial bipartita non se caracteriza precisamente pola súa axilidade nin pola súa eficiencia “pese o seu elevado custo”. “Non destacan pola súa ecuanimidade precisamente e exemplo delo é o reparto clientelar e partidista que se fai á hora de conceder subvencións e obras”, engadiu.

Barreiro fixo mención ademais ó compromiso con Lugo “sobradamente demostrado con feitos” polo goberno que preside Núñez Feijoo: “Aí está o novo hospital de Lugo, que será pronto realidade gracias ó PP porque o bipartito da Xunta xa sabemos todos o que fixo, o tramo autonómico do corredor da Costa, as obras do corredor Sarria-Monforte, o porto seco de Monforte e os seus enlaces coas estradas LU-546, LU-933 e N-120, a licitación do desdobramento do tramo Nadela Sarria, o polígono industrial das Gándaras ou o auditorio como algúns dos exemplos de que o PP, a diferencia de outros, cumpre os seus compromisos”.

Exit mobile version