Site icon Crónica3.com A Mariña

As XIII Xornadas Ambientais de Ribadeo terán créditos de libre configuración da USC

Nota de prensa:
A UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA CONCEDEULLE UN CRÉDITO DE LIBRE CONFIGURACIÓN ÁS XIII XORNADAS AMBIENTAIS QUE DAN COMEZO O LUNS.
Ribadeo, 7 de setembro de 2010. A Universidade de Santiago de Compostela concedéulle un crédito de libre configuración ás XIII Xornadas Ambientais que dan comezo o vindeiro luns 13 de setembro en Ribadeo, organizadas polo Concello e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras.
O edil Horacio Cupeiro lembra que “a inscrición para participar nesta cita está aberta ata o venres” e sinala que “xa temos 40 persoas anotadas para acudir ás xornadas que analizarán durante catro días en mesas redondas e conferencias a xestión sustentable do patrimonio natural de Galicia”.

Exit mobile version