Site icon Crónica3.com A Mariña

Anuncia o PP que o director xeral do IGVS asume o acelerar deficiencias en pisos sociais do barrio de Celeiro

Nota de Prensa

O director xeral do instituto galego de Vivenda asume o compromiso de acelerar estas reparacións despois de reunirse co deputado popular Jose Manuel Balseiro quen se interesou polo malestar dos propietarios

O IGVS COMPROMÉTESE A SOLUCIONAR AS DEFICIENCIAS DETECTADAS EN VARIOS PISOS SOCIAIS DO BARRIO DE CELEIRO

A Mariña lucense, 22 de setembro de 2010.- O deputado do Partido Popular de Galicia (PPdeG), Jose Manuel Balseiro Orol, mantivo un encontro no día de onte co director xeral do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), Antonio Boné Pina, no que se interesou polas deficiencias denunciadas por propietarios de varios pisos sociais sitos no barrio vivairense de Celeiro. Segundo alertaban os donos das vivendas a falta de reparación destas deficiencias estaba a condicionar a vida das súas familias e as obras desenvolvidas ata o momento para corrixiras chegaban despois dun longo tempo de espera e non eran todo o efectivas que cabía esperar.

Balseiro acadou o compromiso do director xeral do IGVS para acelerar todas as reparacións que sexan necesarias e, de xeito urxente, aquelas que maiores prexuízos están a provocar aos actuais propietarios. A administración autonómica verificará si as mesmas son froito dun defecto de construción ou non, e actuará en consecuencia, demandando á empresa construtora que asuma a súa responsabilidade de inmediato ou executando  directamente as reparacións necesarias alí onde se aprecie o deterioro.

Ao mesmo tempo o dirixente autonómico do Instituto galego da vivenda indicoulle ao deputado popular que para paliar outra das problemáticas existentes -a entrada de auga aos garaxes destes pisos- a Xunta ten previsto facer un requirimento á empresa que executa unha obras nas inmediacións dos garaxes e por cuxa consecuencia se están a producir as filtracións de auga. A administración autonómica pedirá que se adopte con urxencia as medidas precisas para evitar esta situación e corrixir os danos provocados ata o momento.

O  Instituto Galego de Vivenda e Solo é o órgano da administración galega que traballa para favorecer o acceso dos cidadáns ao dereito, constitucionalmente garantido dunha vivenda digna e adecuada. Unha vez verificadas as deficiencias que presentan estas vivendas o IGVS adoptará con celeridade todas as decisións necesarias para corrixilos.

Exit mobile version