Site icon Crónica3.com A Mariña

Anuncia o concello de Burela que acometeu obras de mellora na rede de abastecemento

Nota de Prensa

O CONCELLO REALIZOU OBRAS DE MELLORA NA REDE DE ABASTECEMENTO Á ZONA NORTE PARA AUMENTAR A PRESIÓN DA AUGA. LLANO TAMÉN ANUNCIOU QUE MEDIO RURAL ACOMETERÁ EN BREVE O ARRANXO DO CAMIÑO DA FIGUEROA, DANADO POLAS CHUVIAS DO PASADO MES DE XUÑO.

Burela, 24 de setembro de 2010. O Concello realizou obras de mellora na rede de abastecemento á zona norte de Burela para aumentar a presión da auga. O alcalde, Alfredo Llano, agarda contentar aos veciños con ditos traballos.

O rexedor explicou que “como era unha obra necesaria e urxente o Concello o que fixo a través da empresa Espina y Delfín foi acometer unha serie de melloras na rede de abastecemento á zona norte do municipio, engadíuse unha canalización para dar máis presión á zona alta de Burela como pode ser O Campón, o hospital, a gardería… xa hai moita xente vivindo neses lugares e era importante que contasen cun bó servizo, xa que o que había estaba a ser deficitario. É unha boa noticia que agardo que contente aos veciños de toda esa zona”.

Por outra banda, Alfredo Llano anunciou que “debido ás riadas de xuño había unha serie de obras que quedaron pendentes de realizar, unha delas que é moi importante resolver canto antes é a do camiño da Figueiroa, alí hai que facer unha escolleira nesa pista que comunica o cuartel da Garda Civil coa Vila do Medio. Xa falei con Medio Rural para que se axilice a obra e dixéronme que se ían poñer con ela antes de que outras chuvias poidan provocar máis danos dos que hai. Queremos calmar un pouco aos veciños que viven nesa zona”. O alcalde engadiu que “tamén no mesmo plano imos acometer outras obras pendentes en diferentes camiños na zona do Monte Castelo e adxacentes, queremos limpar as pistas e deixalas ben ao igual que nas Pasadiñas no punto limpo tentaremos mellorar esa zona, no Camiño Real e no cemiterio. Serán un total de 7 actuacións, pensamos que se teñen que realizar o antes posible todas estas obras, hai que apostar pola prevención e iso é o que estamos a facer desde o Concello, desde a Deputación de Lugo ou desde a Xunta. Todas estas actuación suporán un investimento de 48.000 euros”.

Asamblea xeral

Alfredo Llano seguirá  ata decembro na presidencia da asociación impulsora do Pacto Territorial polo Emprego. O alcalde burelés contou que “para onte estaba convocada unha asamblea xeral da asociación impulsora do Pacto Territorial polo Emprego co fin de proceder á renovación da xunta directiva que rematou o sue mandato hai un par de meses. Acudimos 8 persoas a esta cita e decidimos entre nós como quedaría composta a xunta directiva. Eu sigo como presidente coa intención de darllle continuidade ao traballo iniciado e xa que non se presentaron moitas máis candidaturas. No cargo seguirei ata decembro que será cando remate este pacto. A tesorería foi asumida por Cancio que segue tamén na secretaría e houbo un cambio na vicepresidencia que pasou de Comisións Obreiras a UXT e a outra vicepresidencia caeu no representante da CEL”.

Exit mobile version