“Amigos das viaxes” organizan un novo desprazamento, nesta ocasión será á Festa do Marisco de O Grove, e as localidades portuguesas de Coimbra, Viseu e Buçao, os días 9, 10, 11 e 12 de outubro, por 198 euros, todo incluído con aloxamento en hotel balneario spa. A saída será ás 5:30 h desde Cangas, ás 05:40 h de Nois, ás 05:50 h desde Fazouro, ás 06:00 h de Foz e ás 06:10 h. de Vilaronte / San Martiño. Para anotarse dirixirse a “Amigos das viaxes”, Jaime Cancio, teléfono 609 822 649 email:xaimecancio@edu.xunta.es