Site icon Crónica3.com A Mariña

Actividades das Xornadas Ambientais de Ribadeo

Os participantes nas XIII Xornadas Ambientais que se celebran en Ribadeo visitaron As Catedrais, o castro das Grobas, a Casa da Ría e a estación solar do Concello de Ribadeo. Pola tarde haberá unha conferencia sobre O mar como fonte de recursos cara o desenvolvemento sustentable da Mariña lucense. Será ás 16:30 horas. E de 18 a 20 horas terá lugar a mesa redonda na que se abordará a Posta en valor do patrimonio natural cara ao turismo sustentable e á sostibilidade de Galicia.

Exit mobile version